-
TRAZOVila do Tambre
-
TRAZOVila do Tambre
-
TRAZOVila do Tambre
-
TRAZOVila do Tambre
-
25/11/2020GAÑADORES DO II CONCURSO DE CARTEIS 25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 1.- Categoría de 1º e 2º ESO: “Me _iere” de Sara Gómez Garcia de 1º ESO 2.- Categoría de 3º e 4º ESO: “Quen ben te quere non te fai sufrir” de Alicia Martínez Rodríguez de 3º ESO 3.- Categoría de 16 ata 60 anos: “Perigosa mascarilla” de Ana Mª García Porta 4.- Premios para adultos de 60 anos en adiante: deserta por falta de participantes
-
10/11/2020CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE TRAZO.- PEL REACTIVA Ligazón á solicitude de axudas: https://sede.concellodetrazo.es/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudAyudasPelReactiva?fbclid=IwAR1DQMc-C3XdSv_NS2KCjPklkzzRlHqjsK3llg8vSciFNnv1kkVFlQMMn0k
-
04/11/2020O concello de Trazo, apoia a campaña que promove a Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, poñendo en marcha DE FRONTE á violencia de xénero, unha campaña e programa de actividades que apela directamente a implicación dos Concellos da provincia, estendendo o chamado á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo e empresarial, familias, etc. https://defronte.gal/portfolio/palestras
-
26/10/2020bases concurso carteis 2020
-
06/10/2020O Concello de Trazo, como colaborador da Consellería de Sanidade, Informa de que este ano máis que nunca debes vacinarte da gripe. #concellodetrazo #vacinatedagripe #campaña2020
-
06/08/2020Publicado pola Deputación Provincial Coruña o plan PEL Rurinnova dirixido a persoas xoves menores de 30 anos, incluidas a persoas con discapacidade, non ocupadas, e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas no sistema de garantía nacional xuvenil, que sexan promotores de iniciativas empresarias. Para mais información… https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/07/20/2020_0000004791.pdf https://www.boe.es/boe/dias/2020/08/05/pdfs/BOE-A-2020-9131.pdf
-
29/07/2020A rexedora municipal, Josefina Suárez, confirma a renovación da actual web municipal e cuxo cambio terá como valor principal a creación de utilidade para a cidadanía. O proxecto de nova páxina xa está en marcha, nunha primeira fase na que se estudarán as necesidades dos/as internautas. A prioridade, mellorar as funcionalidades que máis se botan en falta na plataforma actual. Una nova web, máis sinxela e potente para cubrir as necesidades da cidadanía. Esa foi a proposta anunciada polo Concello nestes días, ao que engadiu que xa se está a traballar no proxecto para tentar que esté dispoñíbel o antes posible. Os principios nos que se sustentará a nova páxina son a utilidade, a axilidade e a sinxeleza. Perséguese o obxectivo de chegar ao maior número de internautas posibles, polo que o compoñente de accesibilidade será unha máxima no desenvolvemento da mesma. Tamén se terá en conta no seu deseño as características responsive que permiten o acceso dende calquera tipo de dispositivo (móbiles, tablets, ordenadores…) Actualmente, as novas circunstancias ás que nos temos que enfrontar por causa da crise sanitaria da COVID-19 establecen un novo escenario no que cada vez ten máis importancia a realización de xestións en liña, en lugar de acudir ás correspondentes oficinas da Administración. Por este motivo, a través da nova web a cidadanía poderá acceder a un maior número de información útil e trámites, de xeito que se reforce a seguridade e a responsabilidade social entre os residentes do concello.
-
23/07/2020decreto alcaldía lista definitiva.doc
-
17/07/2020decreto alcaldía lista provisional admitidos.doc (1)
-
01/07/2020Prazo de presentación dende o 2 ata o 10 de xullo bases pel
-
-
-
22/10/2019PREÁMBULO: Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Trazo convócase o Concurso de carteis 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero. Este concurso convócase co obxetivo prioritario de conseguir unha sociedade igualitaria máis xusta entre mulleres e homes e denunciar, visibilizar e sensibilizar contra calquer tipo de violencia de xénero. A igualdade entre mulleres e homes é un dereito fundamental para todas as persoas e constitúe un valor capital para a democracia. A fin de que se cumpla plenamente este dereito non soamente será recoñecido legalmente, senón que ademais exercerase efectivamente e implicarase en todos os aspectos da vida: políticos, económicos, sociais e culturais. BASES PRIMEIRA.- Obxecto As presentes bases teñen por obxecto regular o proceso de concesión do I concurso de carteis 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero 2019. A finalidade deste concurso é fomentar os valores igualitarios, movilizando á sociedade e desenrolando condutas que teñan como obxetivo: - eliminar todo tipo de violencia de xénero - fomentar a sensibilización, información, reflexión e denuncia sobre a violencia que sofren as mulleres principalmente - suscitar a aparición de actividades críticas e creativas - promover a aparición de novos artistas A obra gañadora poderá empregarse como imaxe para conmemorar actos municipais. SEGUNDA.- Participantes Poderán participar: menores matriculados en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO no centro educativo de Trazo demáis poboación de 16 ou máis anos Poderán presentar individualmente ou en grupo un cartel abordando a temática da non violencia de xénero. TERCEIRA.- Temática O premio concederase ó cartel que no marco da conmemoración do día 25 de novembro día internacional contra a violencia de xénero pretenda sensibilizar e dar visibilidade a lacra deste tipo de violencia CUARTA.- Formato Medidas: o cartel poderá presentarse en formato DIN A 4; en folio ou en cartulina A obra non poderá ir asinada co nome. O idioma empregado será o galego QUINTA: Premios Outorgaranse premios por categorías: 1.- Premios para alumnado de secundaria de 1º e 2º ESO: 1 premio e vale regalo de un cheque de 50€ para unha tenda de roupa deportiva 2.- Premios para alumnado de secundaria 3º e 4º ESO: 1 premio e vale regalo de un cheque de 50€ para unha tenda de roupa deportiva 3.- Premios para categoría de 16 ata 60 anos: regalo de un vale para disfrutar dun circuito termal para dúas persoas nun balneario 4.- Premios para adultos de 60 anos en adiante: regalo de un vale para disfrutar dunha comida ou cea nun restaurante do concello; a elexir por parte do/a gañador/a O concello de Trazo resérvase o dereito a facer uso da obra premiada, cedéndolle o autor os dereitos para que a Concello poida empregala para calquera campaña de sensibilización e información das actividades municipais para a conmemoración do día da non violencia contra a muller. SEXTA.- Prazo e forma de presentación dos traballos Prazo: o prazo de admisión de obras será ata o día 14 de novembro Forma de presentación: os traballos entregaranse no sobre 1 pechado. A obra será identificada pola parte de atrás con un título. Dentro deste sobre métese outro sobre pechado (sobre 2) co título da obra no exterior e no seu interior a folla de aceptación dos compromisos da convocatoria cos datos requiridos. As candidaturas presentarase no Departamento de Servizos sociais do Concello de Trazo ou na conserxería de secundaria. SÉTIMA.- Composición e actuación do xurado O xurado estará presidido pola alcaldesa municipal Josefina Suárez López e formarán parte del persoal do Centro de Información á Muller da comarca de Ordes, a traballadora social e a educadora familiar municipais. Este equipo elixiran as obras gañadoras A secretaria municipal será persoa encargada de abrir o sobre (2) da obra que resulte finalista. O concello resérvase o dereito de modificar as condicións en calquera momento, incluso podendo chegar a anulalo ou deixalo sen efecto sempre que concorra causa xustificada, en todo caso comprométese a comunicalo pola mesma vía. Así mesmo, o xurado poderá declarar deserto algúnha categoria, en caso de considerar que ningún dos traballos presentados non reúne os méritos suficientes para ser premiados. OITAVA.- A concesión do premio decidirase antes do 25 de novembro e darase a coñecer a través dos distintos medios de difusión municipais A entrega de premios terá lugar no edificio de usos múltiplees e avisaranse as persoas gañadoras cunha semana de antelación. NOVENA.- Non se devolverán os traballos presentados e non premiados. DÉCIMA.- A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases. CONCURSO DE CARTEIS 25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. FOLLA DE ACEPTACIÓN DOS COMPROMISOS DA CONVOCATORIA DATOS DA PERSOA PARTICIPANTE Nome e apelidos. Data de nacemento Enderezo: Teléfono: NOME DA OBRA: Outros datos: A participación nesta convocatoria supón a total aceptación das bases, cedéndolle os dereitos para que o concello de Trazo poida empregar o traballo para calquera campaña de sensibilización e información das actividades municipais relacionadas coa temática. Lugar e data__________________________ (sinatura da persoa participante) * Este documento engadirase no sobre pechado (2) depositado no interior do sobre (1) que contén o traballo. Trazo, ….. de ……………………… de 2019. A alcaldesa Josefina Suárez López
-
-
-
-
-
-
-
-
-
29/11/2018Información sobre o equipamento adquirido para o Punto de Atención á Infancia 15.24 KB Download
-
29/11/2018BASES CONVOCATORIA DE CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEÓNS DE SERVIZO DE LIMPEZA NO CONCELLO DE TRAZO 891.99 KB Download
-
23/11/2018A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes adhírese ó manifesto da Federación Española de Municipios e Provincias. Ratifícase deste xeito o seu compromiso cos principios de igualdade, seguirdade, liberdade, integridade e dignidade e a repulsa ante calquera forma de violencia. Manifesto 25 N 0.00 KB Download
-
Bases convocatoria de concurso para a contratación laboral temporal dun monitor de taller de memoria16/11/2018Bases convocatoria de concurso para a contratación laboral temporal dun monitor de taller de memoria. Bases taller de memoria 150.39 KB Download
-
07/09/2018Bases convocatoria de concurso para a contratación laboral temporal de un animador deportivo no Concello de Trazo. Bases Convocatoria 129.41 KB Download
-
12/06/2018Bases convocatoria de concurso para a contratación laboral tempora de catro peóns no concello de Trazo. Bases Peons 2018 194.65 KB Download
-
25/04/2018Bases que rexen a convocatoria de selección de dous/dúas tractoristas para a realización de tarefas de desbroce de viais e pistas forestais no concello de trazo. DESCARGAR BASES EN .pdf 193.72 KB Download
-
11/04/2018Aquí podes acceder a información do PXOM do concello
-
26/03/2018Lista de admitidos e lista de agarda para o P.A.I. 0.00 KB Download
-
06/02/2018Coa financiación da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) realizáronse as obras necesarias para a mellora das condicións de eficiencia enerxética, de aislamento térmico da envolvente do edificio do Punto de Atención á Infancia do Concello de Trazo.
-
31/01/2018Reglamento da proba 8.25 MB Download SOLICITUDE PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE DISFRACES 29.50 KB Download
-
04/10/2017Bases de contratación dun director para o PAI 776.50 KB Download