Onte, 3 de maio o centro Quérote impartiu no centro social polivalente de Viaño Pequeno (Trazo) a actividade "Divers@s", un obradoiro da diversidade afectivo-sexual ao que acudiron 30 rapaces e rapazas de entre 14 e 16 anos, alumnos/as do CPI Viaño Pequeno.

 

Este obradoiro de 100 minutos de duración forma parte do programa Quérote + da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e voluntariado e tratouse dunha proposa lúdico-formativa para falar da sexualidade abertamente e para que a mocidade sexa máis responsable nas súas relacións e atope respostas ás súas preguntas dun xeito seguro, obxectivo e profesional. 

Os obxectivos foron:  dar a coñecer os centros Quérote + como un servizo público, gratuíto e confidencial para a mocidade no referente a esta temática e dar a coñecer os conceptos relativos á identidade sexual e á orientación do desexo, co fin de analizalos e diferencialos como elementos clave dentro do proceso de sexuación humana.