As novas relacionadas co DÍA 25 DE NOVEMBRO, DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER, poden verse nos seguintes enlaces:

-Páxina web da Mancomunidade de Ordes  http://www.mancomunidadeordes.org/

-Facebook do CIM da Mancomunidade de Ordes . Pincha aquí.

-Canal de youtube http://bit.ly/1yvH2AA

Os programas son:

-Programa IGUALAR3. Xunto os arquivos información do programa, o resumo gráfico e o calendario de sesións. Estanse impartido xornadas en todos os centros educativos da Comarca de Ordes que imparten educación secundaria.

A información deste programa pode consultarse no blog http://programaigualar.blogspot.com.es/p/proxecto.html

-Campaña de sensibilización e prevención da violencia de xénero en colaboración co comercio comarcal. O 25 de novembro os establecementos colaboradores distribuirán unha bolsa comercial da campaña entre a súa clientela. Esta bolsa contén o lema da campaña “Podería ser eu. Podería ser calquera.” e información sobre recursos de loita contra a violencia de xénero. Os comercios colaboradores estarán identificados cun cartel da campaña.

-Campaña de sensibilización e prevención da violencia de xénero en colaboración coas entidades deportivas. Campaña de sensibilización e concienciación sobre a violencia de xénero no ámbito deportivo, o que se pretende con esta campaña é que as persoas físicas e xurídicas da Comarca de Ordes vinculadas ao deporte asuman un papel activo na transmisión dunha mensaxe forte e unánime a toda a sociedade que é o rexeitamento total á violencia de xénero.

Esta campaña permite aproveitar as estruturas organizativas das entidades deportivas xa existentes. Ademais esta campaña permite que as persoas participen no seu propio medio sen modificar a súa rutina para formar parte do programa. As acción realizaranse nas propias instalacións deportivas ao mesmo tempo que practican o deporte.

1.Permite contactar  con colectivos aos que non se dirixe habitualmente este tipo de campañas ou nos que as campañas teñen menos efectos. Con esta campaña non só se chega as persoas que practican o deporte senón tamén as afeccións, familiares etc.

2.Permite que o impacto das accións medre ao contemplarse actividades a través das tecnoloxias de información e da comunicación.

3.Permite implicar activamente ao colectivo masculino xa que ata o momento ningún programa de igualdade exitoso, implicara directamente a tantos homes nun mesmo programa.

4.Permite implicar a persoas de todas as idades e visibilizar as entidades deportivas menos coñecidas.

5.Permite introducir as políticas de igualdade no deporte, xa que aínda está moi marcado polos estereotipos sociais e culturais.

Nesta campaña as entidades deportivas gravan un pequeno vídeo no que rexeitan a violencia de xénero enunciando o lema da campaña “Na violencia de xénero cada día conta”. Estes vídeos poden verse na páxina de Facebook do CIM da Mancomunidade de Ordes e na web da entidade, así como nas webs e redes sociais dos sete concellos da comarca.

Coa divulgación destes vídeos búscase crear un fenómeno viral en Internet, ou sexa unha cadea de mensaxes.

A campaña tamén contempla a distribución de material específico: carteis, lonas, etc.

 

Os vídeos poden consultarse no canal de Youtubehttp://bit.ly/1yvH2AA