O concello leva xa varios anos colaborando e financiando unha boa parte de diversas actividades para o disfrute dos nosos veciños a meirande parte delas desenvólvense no período de Outubro a Maio:

  • Zumba

  • Pilates

  • Aerobic

  • Bailes de salón

  • Cursos de cociña

  • Cursos de arte floral

  • Pandeireta

  • Informática en distintos niveis

Ademais destes que poderíamos calificar de fixos sempre tratamos de ofrecer outras actividades máis innovadoras ou “de moda” que poden chegar a asentarse ou non según a participación coa que conten. Neste ámbito houbo cursos de patchwork, aquagym, baile en liña, …

Outras actividades son exclusivamente para os nosos maiores xestionadas a través dos Servizos Sociais do concello:

  • Ximnasia de mantemento para promover a participación activa dos nosos maiores e a súa autonomía

  • Taller de memoria con actividades grupais e individuais para a estimulación cognitiva de diferentes funcións como atención, cálculo, percepción, linguaxe e memoria.

  • Servizo de axuda no fogar: para unha mellora da calidade de vida dos maiores e a convivencia nunhas condicións axeitadas. Préstanse atencións de carácter persoal, domésticas, psicosociais e educativas.

Tamén dende Servizos Sociais se levan a cabo servizos de apoio as familias:

  • Actividades de conciliación familiar: durante o mes de xullo realízase un campamento de verán para nenos de 4 a 9 anos en horario de mañás con actividades culturais e deportivas.

  • Punto de atención á infancia: é un centro diúrno de carácter educativo e asistencial que ten por finalidade prestar unha atención de apoio ós pais e nais de nenos e nenas entre 3 meses e os 3 anos. O prazo de matrícula é entre o 1 e o 15 de marzo.

  • Axudas para adquisición de material escolar: dirixidas a familias do concello con baixos ingresos económicos que teñan menores escolarizados no CPI ou na Escola Unitaria. O prazo de solicitude é durante o mes de setembro.

E como colofón e non menos importante levamos a cabo actividades para os cativos;

  • Patinaxe

  • Informática

  • Zumba

  • Fútbol