CAMPO DE TIRO RÍO SAR

INFRAESTRUTURA DEPORTIVA

Parroquia: Chaián
Documentación: Concello de Trazo
Sinalización: Non

Os organizadores deste campo son a Sociedade Deportiva Río Sar. Dispón de tres canchas para a práctica de tiro ó prato e percorridos de caza. Para poder facer uso das instalacións débense ter as pertinentes licencias de armas e licencia deportiva de caza. Cada cazador aportará as súas armas, pois no recinto non se alquila o material.

PESCAR

INFRAESTRUTURA DEPORTIVA

Documentación: Concello de Trazo
Sinalización: Non

Esta actividade deportiva pódese practicar entre outros ríos do Concello no río Tambre ao seu paso por Ponte Albar, Chaián..., podendo así desta forma contemplar a espectacular paisaxe que conforman as súas augas ao seu paso por ditos lugares.

PISCINA MUNICIPAL

INFRAESTRUTURA DEPORTIVA

Parroquia: Campo
Lugar: Viaño Pequeno
Documentación: Concello de Trazo
Sinalización: Non

Ubicada na capital do municipio, en Viaño Pequeno, a piscina municipal abre as súas portas a segunda quincena do mes de xuño ata finais do mes de setembro. Ao redor da piscina hai un pequeno parque con columpios, tobogáns, etc... para o disfrute dos máis pequenos. Tamén se pode disfrutar dun bo xantar nas barbacoas e mesas das que dispón o recinto. Durante os meses de verán a piscina atópase vixiada por un socorrista que tamén imparte diversos cursos de natación. É gratuita.

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO

INFRAESTRUTURA DEPORTIVA

Parroquia: Campo
Lugar: Viaño Pequeno
Documentación: Concello de Trazo
Sinalización: Non

O Concello de Trazo conta con dous pavillóns ubicados en Viaño Pequeno, ao lado do centro escolar. Permanecen abertos todas as tardes, previo aviso no concello, para reservar as pistas.

CAMPO DE FÚTBOL

INFRAESTRUTURA DEPORTIVA

Parroquia: Trazo-Chaián-Campo-Berreo
Documentación: Concello de Trazo
Sinalización: Non

Os diferentes campos de fútbol atópanse nas parroquias de Trazo, Chaián, Campo e Berreo.