Campo de tiro Río Sar

A Sociedade Deportiva “Río Sar”, é unha Sociedade deportiva sen ánimo de lucro, dependente das Federacións Galegas de Caza e Tiro Olímpico.

A súa é unha actividade meramente lúdica na practica do tiro deportivo con armas de caza, nas modalidades de Foso Olímpico, Foso Universal, Dobre Trap Olímpico, Recorridos de Caza y Compak-Sporting, principalmente, ademais doutras posibles actividades relacionadas co tiro.

A Sociedade Deportiva “Rio Sar”, constitúese no ano 1972, as súas primeiras instalacións estiveron ubicadas en San Lázaro, lugar no que actualmente está o Estadio Multiusos.

No ano 1992, trala expropiación de San Lázaro para construílo actual Estadio, a Sociedade adquire uns terreos de 95.000 m2, en Vilouchada, no concello de Trazo, a escasos 10 km. da capital de Galicia, buscando sempre como referente as cercanía de Santiago. Dispón dunha casa-chalet con terraza, na que se atopan ubicadas as oficinas, almacén e servicios de cafetería, restaurante así como de varias canchas de tiro totalmente automatizadas, tanto de tiro cinexético (percorridos de caza e percorridos en cancha) como de tiro olímpico (foso) e tiro o voo, casetas de almacenaxe de máquinas e pratos, dunha amplia zona delimitida para os espectadores, espacio para nenos, e aparcamento dentro e fora do recinto. As instalacións están totalmente valadas.

Na data da súa creación, A Sociedade Deportiva Rio Sar, con arranxo ás disposicións legais vixentes naquel entonces e inscríbese no Rexistro Xeral de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, no día 2 de Xullo do 1.991, con número de rexistro 3135.

Convén apuntar que a Sociedade “Río Sar”, é unha sociedade totalmente aberta a toda persoa amante do deporte do tiro, nos seus estatutos non se contempla restricción algunha á afiliación, salvo a cota anual que tódolos socios teñen que satisfacer. Así mesmo, resaltar que os posibles beneficios das súas actividades son empregados na mellora das instalacións e no funcionamento do campo, xa que a S.D. “Río Sar” é, segundo os seus estatutos, una Sociedade Deportiva sen ánimo de lucro.

Podemos dicir que a Sociedade Deportiva Río Sar, é unha sociedade pioneira no tiro deportivo de Galicia, fundada no ano 1972 e conta entre os seus asociados cos máis laureados tiradores de tódalas modalidades deportivas. Ademais dende a súa fundación veñen colaborando coas distintas Federacións Deportivas, na organización de todo tipo de eventos deportivos tanto a nivel provincial e autonómico coma incluso a nivel nacional.

 

Datos de contacto
Teléfono: 620 515 777 / 677 519 295
Web: http://riosar.com