Casa Rosinda

Tradición con encanto

Fundada en xuño de 2001, Casa Rosinda é unha excelente mostra da conxugación de tradición e gastronomía. O amor á cociña e ás antigüidades levou ao seu propietario, Alberto González, a converter a casa de labranza en que naceu nun referente da boa comida e o mellor trato. E todo iso nun marco natural de incomparable beleza e a escasos quilómetros da capital de Galicia, Santiago de Compostela.

Tras dous anos de incesante traballo e infinita ilusión, o matrimonio formado por Alberto González e Mª Luz López converteu a casa familiar orixinaria e os seus alpendres nun restaurante-museo, onde os comensais poden gozar á vez de tradición e benestar.

As instalacións conservan en gran medida as estruturas e materiais das construcións orixinais, edificadas a principios do século XX. Decorada tanto no seu interior como no exterior con útiles de labranza típicos de Galicia e con antigas pezas de artesanía.

Casa Rosinda representa un auténtico goce para todos os sentidos.

 

 

Datos de contacto
Teléfono: 981 699 035 / 609 832 010
Email: info@casarosinda.com
Web: www.casarosinda.com