A Casa da Escola

A Casa dá Escola é unha edificación de finais do século XIX destinada á educación dos máis pequenos e hoxe en día rehabilitada coidadosamente para gozar e lecer do turismo rural en Galicia.

A casa distribúese de tres plantas: planta baixa, planta primeira e baixo cuberta, perfectamente equipadas e amobladas. No exterior dispón dunha ampla zona axardinada, aparcadoiro e unha zona con grellada e mesas.

A tan só 15 km de Santiago de Compostela, situada no lugar de Xavestre no concello de Trazo, permite ao turista coñecer un sen fín de recunchos turisticos da xeografía galega. Percorrer os cantís dá Costa da Morte, gozar de praias de area fina nas Rías Baixas, abrazar ao Apostol Santiago ou visitar o faro romano da Torre de Hércules son algúns exemplos.

A Casa dá Escola forma parte dun núcleo de casas do rural galego rodeadas de verdes pradarías e frondosos bosques de piñeiros e eucaliptos que convidan á tranquilidade.

 

 

Datos de contacto
Teléfono: 620 092 648 / 981 689 209
Email: info@acasadaescola.com
Web: www.acasadaescola.com