Casa Piñeiro

No lugar de Piñeiro, parroquia de Morlán, está ubicada unha vivenda rural denominada “Casa Piñeiro”. Trátase dunha casa rural solidaria a tan só quince minutos da capital de Galicia. Trátase dun novo concepto dentro do mercado da hostalaría.

Esta casa de labranza foi restaurada conservando todo o sabor da antiga vivenda. Dispón dunha chimenea grande na cociña e ten o vello pozo integrado na mesma. O piso da planta superior é de madeira. No exterior pódese comer á sombra dun castiñeiro, descansar baixo unha vella figueira ou tomar o sol. A finca está rodeada por un alto seto que lle proporciona total intimidade.

 

 

Datos de contacto
Teléfono: 689 005 044 / 981 562 535
Web: www.visitcompostela.com