Casa Rosinda

Modélica casa rural próxima ao paraíso de Chaián. Unha antiga casa de labranza que conserva o seu hórreo como símbolo, e todo un entorno pétreo magnífico. A súa edificación orixinaria data de principios do século XX e corresponde a unha tipoloxía de arquitectura tradicional.

Cunhas acolledoras habitacións onde aloxarse e uns agradables salóns para relaxarse. Casa Rosinda funciona ademais como restaurante, onde se pode degustar exquisitos produtos relacionados co campo. Hai que probar aquí unha das suas especialidades o chuletón de boi, para obter así unha boa mostra da gastronomía do municipio.

Casa Rosinda, como dicíamos, para descansar, e o seu entorno para disfrutalo. Porque o entorno é a área de recreo mellor dotada de todo o curso do Tambre a unha e á outra beira E isto demostra o grande número de excursionistas que, cando é verán deixa a praza do Obradoiro para ir a comer a Chaián ou simplemente a refrescarse.

 

 

Datos de contacto
Teléfono: 981 699 035 / 609 832 010
Email: info@casarosinda.com
Web: www.casarosinda.com