• Sendeirismo ou paseos. O concello conta con dúas rutas de sendeirismo elaboradas, se ben é posible o paseo por moitos máis lugares xa que a nosa paisaxe goza dunha gran beleza e paz.

  • Practicar o tiro ó prato, a hélice,… para posuidores de armas. No concello está situado o máis complexo campo de tiro da comunidade e un dos mellores a nivel nacional. Campo de tiro Río Sar.

  • Degustación de pratos típicos nos nosos restaurantes.

  • Pesca con diversos cotos ó largo do concello pero tamén contamos con tres zonas libres de pesca no Tambre ao seu paso por Ponte Albar, no Lengüelle ao seu paso por Berreo e no Chonia ao seu paso por Xavestre. Toda a información para este deporte aparece recollida na páxina web de Área Santiago á que pertence ó concello de Trazo. Esta web, conta cunha sección específica de Pesca Fluvial (www.areasantiago.es/pesca-fluvial ) na que os visitantes pescadores poden atopar información precisa sobre os ríos, as áreas de pesca, a tramitación de permisos e licencias e os aloxamentos de turismo rural que pola súa proximidade, as súas características ou o seu cariño ao río, están especialmente recomendados para os amantes da pesca e o turismo fluvial, aloxamentos todos que entre finais de 2014 e principios de 2015, mostraron o seu interese por traballar neste produto turístico vinculado á pesca fluvial, para o que asinaron o correspondente compromiso de adhesión.

Así mesmo, Área Santiago acaba de publicar, a primeira guía informativa sobre a pesca fluvial que se edita en Galicia en clave turística, na que se recollen aspectos de interese para este tipo de turista pescador, como trámites e permisos, modalidades de pesca, especies, zonas de pesca recomendadas e informacións prácticas, aloxamentos adheridos ao proxecto e outras informacións complementarias

http://www.areasantiago.es/files/2015/06/GuiadePescaAreaSantiagoweb.pdf. Esta guía pretende actualizarse todos os anos ao comezo da tempada de pesca.

E seguramente se che ocorran outras moitas actividades para facer no teu tempo libre se nos ves visitar, anímate.