ÁREA DE LECER, PRAIA FLUVIAL E MERENDEIRO DA CARBALLEIRA DE CHAIÁN
RIBEIRAS DO RÍO CHONIA
COVA DOS MOUROS
MIRADOR DA MEDORRA
MIRADOR DO RÍO
PEDRA FALADORA
PONTE ALBAR

Descripción

O Tambre regala un dos seus mellores recantos en Chaián, a área de lecer pública coa súa propia praia fluvial. Aquí pódese pescar ou simplemente deixarse levar polo verdadeiro significado do termo descanso á sombra da frondosa vexetación de carballos, ameneiros e castiñeiros. As camiñadas por estes contornos naturais constitúen o maior aliciente para o turismo rural e en Trazo non faltan oportunidades para gozar deste tipo de viaxe alternativa, onde o descanso, o contacto coa natureza, a práctica de deportes e os xogos populares, xunto co goce da gastronomía tradicional, son a mellor terapia contra o acelerado balbordo dos novos tempos.

En Chaián a man do home fixo máis transitables unhas ribeiras de ensoño, onde o Tambre non é o único protagonista. A frondosidade das súas ribeiras, con carballos e alisos centenarios, é extraordinaria. É un lugar idóneo para disfrutar da natureza, para bañarse no verán ou ir de pesca na primavera, que din que aquí hai excelentes troitas. Unha carballeira rehabilitada como merendeiro e pequena praia fluvial dende 1992, cuxa vexetación salvaxe promete relaxantes camiñatas e o descubrimento de espazos virxes.

As augas deste río, que regan esta gran comarca agrícola, son testigo e espello neste tramo no mes de xullo da tradicional Festa do Escalo, porque o Tambre, ademais de en vexetación, tamén é rico en numerosa fauna.

Localización

RIBEIRAS DO RÍO CHONIA

Descripción

Na parroquia de Xavestre, ao suroeste do Concello o río Chonia marca un sendeiro ata o monte do lugar de Oa. Máis abaixo, as augas deste río desembocan no Tambre, formando unha especie de desfiladeiro e ofrecendo un dos mellores paisaxes da zona. Se se percorre a ruta a pe, máis que recomendable, uns metros antes da desembocadura atópanse os batáns, muíños e fábricas da luz de Oa. É esta unha curiosa zona de gran beleza onde abundan os ameneiros por necesitar estes moita auga e onde a pedra labra un paseo natural moi singular. Neste monte tamén atopamos unas fermosas vistas panorámicas gracias as suas fortes pendentes cara o río como é o caso do Mirador do Río.

Localización

COVA DOS MOUROS

Descripción

Na parroquia de Monzo, no monte do Pedroso, hai varios achados consistentes en varias pedras grandes, denominadas: Pedra do Capelo, Pedra faladora (que consiste nunha pedra grande que ten a forma dos ollos, o nariz e a boca) e Cova dos Mouros, como así se coñece dende os nosos devanceiros. A cova dos mouros ten unha entrada estreita e na parte superior ten un símbolo consistente nun gravado cuadrangular cun oco no centro.

Tamén existe outra pedra denominada “Casa dos Mouros” sita no Alto da Medorra, concretamente na “Lagoa”.

Localización

MIRADOR DA MEDORRA

Descripción

Posición elevada na parroquia de Campo moi preto do centro urban, subindo un pouco arriba da piscina.

Acádase dende aquí unhas vistas privilexiadas que chegan ata Santiago en días despexados, noutrora tamén foi posto de bombeiros para control de incendios forestais pola sua situación privilexiada. Proba disto é a construcción que atopamos no lugar inda que un pouco deteriorada..

Localización

MIRADOR DO RÍO

Descripción

Atopámolo nun ensanche do camiño que nos leva a beira do río Chonia cara a súa desembocadura no Tambre. Dende aquí podemos ver unha boa parte do curso deste agresivo río, se ben para ver o río propiamente teremos que ir nun momento con escaseza de follaxe.

Localización

PEDRA FALADORA

Descripción

Situada no Monte Pedroso, na parroquia de Monzo aparece nunha zona de formacións rochosas con pedras graníticas. O seu nome débese ao seu antigo estado no que a súa forma semellaba unha cara e, o sere un lugar alto pero con cumios maiores ao redor, producíase un efecto de resonancia que devolvía a nosa voz.

Localización

PONTE ALBAR

Descripción

Pintoresco recuncho no cal atopamos unha zona libre de pesca (www.areasantiago.es/pesca-fluvial) e fermosas paisaxes á beira do río. Tamén podemos desfrutar do sonido da auga cara a parte de arriba do río onde se atopa unha pequeña fervenza e percorrer os camiños veciñais ao longo do río en ámbolos sentidos onde nos ofrecerá as suas fermosas ribeiras perfectas para as nosas imaxes para o recordo.

Esta zona quizais perda parte da súa beleza a favor da zona de Chaián formada polo mesmo río Tambre uns kilómetros máis arriba pero tamén no mesmo concello, se ben cada paraxe ten a súa propia identidade. E mesmo podemos visitar os dous a través da ruta Carballeira de Chaián- Ponte Albar.

Según unha lenda esta zona debe o seu nome a un malvado señor feudal. Acceso a lenda do Conde de Albar