CASA SALGADO
CASA RÍOS MERELLE
PAZO DE VILACOBA
POMBAL EN XAVESTRE
PONTE ALBAR
BATÁNS, MUÍÑOS E FÁBRICAS DA LUZ DE OA
MOSTEIRO DE SAN VICENTE DE VILÓN
OS CASTROS EN TRAZO

CASA SALGADO

CASA

Descripción

Edificación do ano 1779 de planta orixinal rectangular. Alzado principal e de composición regular e o posterior irregular. Destacan as grandes dimensións da residencia, o marco de entrada principal, con símbolos relixiosos enriba a pertenza a un edificio de planta cadrada e dous pisos que antigamente servía de escola ao núcleo de poboación, a presenza dun hórreo dentro da propiedade do edificio e a presenza dunha fonte e un reloxo de sol xunto á entrada do recinto.

CASA RÍOS MERELLE

CASA

PAZO DE VILACOBA

PAZO

Descripción

Nace como unha torre de defensa no século XV, Construída por Don Alfonso Alborxa Escudero, cuio sepulcro descansa na igrexa de Restande entrando a man dereite, na sua tumba ora “falleceu no ano de 1400”, forman Vinculo coa sua muller Teresa Suares o Bermudez de Montaos.

Por herdanza de seus pais: Don Antonio de Leis Moscoso e Ponche e a sua muller Dna María Pardo de Andrade, chega a casa ó segundo fillo Cóengo da Catedral de Santiago, Don Juan de Leis, Ponche, Moscoso, e Andrade é ou que remata a casa como hoxe se ve, puido estar enterrado en Sta. María de Restande é o que pon no seu testamento; hoxe hai unha sepultura na igrexa de Bardaos co seu nome.

A última obra é a fachada principal, fachada Barroca con arcos de medio punto similares aos que podemos ver nas rúas de Santiago onde tiñan tamén residencia e balcón.

Entre outros herdeiros pódese dar mais ou menos importancia a Don José de Leis e Santiyan que casa coa dona da casa de Vilacoba, Carmen Varela de Leis e que era Corrixidor de Santiago (hoxe alcalde) din que mandou facer a Ponte de Ponte Albar.

A casa componse de:

Corpo de torre mais antigo cadrado pechado de catro muros de pedra no seu interior na planta de vivenda ten unha gran lareira, e sobre a cuberta a cheminea da mesma.

Por diante da torre foise desenvolvendo a casa chegando ao seu estado actual como corpo rectangular de muros de pedra e armazón de madeira. Ten no seu interior un Oratorio dedicado á Virxe do Carme a San José e a San Eleuterio (contra as pestes). Distribúese en dúas plantas e baixoocuberta: A planta baixa foron cuadras os animais quentaban á planta alta hoxe esta sen restaurar. A planta 1ª é a que se atopa habitada en tempadas de verán.

FACHADAS

1ª.- A fachada principal Este é Barroca e que ten escudo e balcón, sobre ela vese unha cheminea moi bonita que é tamén Barroca que sae do salón.
2ª.-A fachada Oeste é moi bonita é a entrada á casa e ten unha escaleira, Patín de Pedra moi importante, ao patín accédese polo que era a eira hoxe lousado de pedra ao cal chegamos desde a entrada na casa polo Camiño Real, antigamente o camiño e as casas de en fronte eran da propiedade do Pazo por iso a casa esta aberta á fronte xa que ese camiño real era o seu acceso á fachada e non se ve por iso muro que o peche.
3ª.- Fachada Norte é a que dá ao camiño Real.
4ª.- Fachada Sur é a que ten unha fermosa solaina e agradable pola súa situación cara á leira.

Un Pombal, e unha Fonte completan o conxunto.

Localización

POMBAL EN XAVESTRE

POMBAL

Descripción

Construción circular realizada en pedra con sillares regulares e pequenos. Presenta unha pequena porta adintelada e tellado de tella.

Localización

PONTE ALBAR

PONTE

Descripción

A ponte actual data do século XVIII se ben, pola súa estructura semella ser incluso anterior a esa data. Ten cinco arcos semicirculares de boa silleríae presenta tamallares en ambos sentidos da corrente. Foi ancheada cun novo carril para adaptala ás necesidades do tránsito o que impide hoxe en día ver a antiga construcción. Presenta beirarúas en ambos lados para os peóns. Debe o seu nome a unha lenda popular que ten como protagonista a un tiránico señor feudal. Acceso a Lenda do Conde de Albar Lenda do Conde de Albar.

Localización

Batáns, muiños e fábricas da luz de Oa

Descripción

Ao longo do río Chonia atopámonos cunha serie de construcións da arquitectura tradicional da zona. Trátase dun conxunto de vellos muíños e batáns localizados na parroquia de Xavestre. Antigamente a xente baixaba ao río e levaban a “bater” o tecido feito un nobelo que se metía na pía deste aparello de madeira, votando auga sen parar por encima del para que non se queimase coa fricción dos golpes repetidos das manlles. O proceso podería durar toda a noite. Tres eran os vellos batáns do río Chonia; dous deles xa traballaban dende o ano 1750. Actualmente só se mantén o Batán de Neiro de Oa, o de Carballo de Tarrío levouno unha riada e o de Pardal de Oa estase deteriorando lentamente.

Estas construcións arquitectónicas sábese que estaban integramente feitas de madeira dura, unicamente nos últimos anos comezouse a empregar o ferro para os beos e a fixación da roda e das palas.

Tanto os batáns como os muíños desta zona constitúen un gran valor simbólico que merecen a pena ser visitados pola curiosa paisaxe que se forma na zona a escasos metros da desembocadura do Chonia no Río Tambre.

Conxunto de muíños e “fábricas de luz” nos contornos do río Chonia, afluente do Tambre. A súa orixe remóntase ao ano 1750, e é un reflexo da utilización da enerxía da auga no medio rural. Hai catro muíños comunais: un en Tarrio (dun pé) e tres en Oa (que suman catro pés); todos eles para moer millo. Privados son os dous de Neiro de Oa (de tres e dous pés respectivamente), os catro de Pardas de Oa ( un de tres pés), un deles para moer trigo (“albeiro”) e os tres de Carballo de Tarrio (un “albeiro” e outro de millo). Hoxe en día só se mantén coidado o de Neiro de Oa mentres cos de Pardal de Oa destrúense lentamente. Son interesantes tamén as antigas fábricas de luz, das cales algunha funcionou ata o ano 1970. Son un total de 14 muíños dos que tan so uns cantos presentan un bo estado de conservación, xa que, as riadas, os incendios, ou a falla de iniciativa, provocaron o declive de boa parte deles.

Esta zona tamén goza dunha paisaxe única en canto as suas vistas polas fortes pendendes e recunchos ao longo do río ata a súa desembocadura no Tambre. Máis información sobre a paisaxe desta zona aquí.

Podes ver unha explicación sobre os batáns pinchando aquí.

Localización

Mosteiro de San Vicente de Vilón

Descripción

Nas ladeiras de Castro Brión (Castro de Vilouchada, no lugar da igrexa) existiu unha antigua vila chamada Lentrove e que, debido á propagación dalgún incendio, denominouse no século IX “Vila Ustulata”, é dicir, Vila queimada que hoxe en día chámase “Vilouchada”. Moi preto estaba a igrexa, que a dirixía unha pequena comunidade de cregos e relixiosos que se coñece co nome de Mosteiro de San Vicente de Vilón”.

O conde Alvite cedeulle a terceira parte desta vila a este mosteiro o un de setembro do ano 818, de aí que sexa unha das parroquias máis antigas da zona. Estes monxes son a orixe da capela e devoción á Santa Eufemia e coas limosnas dos seus devotos foise construíndo pouco a pouco ata o ano mil setecentos e pico que se fixo máis grande.

Lamentablemente deste mosteiro non se conservan restos.

Localización

Os Castros en Trazo

Descripción

Antigamente, no municipio de Trazo, existiron numerosos castros. Moitos deles aínda se conservan. Proba disto é que hai varias aldeas no Concello que levan o nome de “Castro”.

Os castros catalogados son os seguintes:

  • O Castro – Lestrove (Benza)
  • Alto da Medorra – A Brea (Benza)
  • Castro de Breixo – Breixo (Berreo)
  • O Castro – Viaño Pequeño (Campo)
  • O Castro –Quintans (Campo)
  • A Medorra – Viaño Grande (Campo)
  • A Croela do Castro-Torre (Castelo)
  • A Croela – A Rúa (Castelo)
  • Castro Pereiro – Millarada (Chaián)
  • O Castro (Monzo)
  • O Seixo – Castro (Monzo)
  • Monte da Medorra (Monzo)
  • Castro de Tarrío – Castro (Restande)
  • Castro de Vilouchada – A Igrexa (Vilouchada)
  • O Castro – A Igrexa (Xavestre)
  • Castro de Merelle – Fonte Valqueira – Merelle (Xavestre)
  • As Chans de Merelle – Merelle (Xavestre)
 
BATÁNS, MUIÑOS E FÁBRICAS DA LUZ DE OA