IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOVO DE XAVESTRE
IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE CAMPO
IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE CHAIÁN
IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE MONZO
IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE RESTANDE
IGREXA PARROQUIAL DE SAN VICENTE DE VILOUCHADA
IGREXA PARROQUIAL DE SAN MAMEDE DE BERREO
IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE MORLÁN
IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE CASTELO
IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE TRAZO
IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE BENZA
CAPELA DE SAN BIEITO DE VIAÑO PEQUENO
CAPELA DE SAN XOSÉ DE OA
CAPELA DE SANTA EUFEMIA E SAN MATEO DE VILOUCHADA
FONTE DA SANTA E PEDRA DOS CADRÍS
ERMIDA DE AUGAS SANTAS E FONTE
CASA REITORAL DE SANTA MARÍA DE CASTELO
CASA REITORAL DE SAN CRISTOVO DE XAVESTRE
CASA REITORAL DE SAN VICENTE DE VILOUCHADA
CASA REITORAL DE SANTA XOAN DE CAMPO
CASA REITORAL DE SANTA MARÍA DE CHAIÁN
CASA REITORAL DE SANTA MARÍA DE RESTANTE
CASA REITORAL DE SANTA MARÍA DE TRAZO
CRUCEIRO DE BENZA
CRUCEIRO DE RESTANDE
CRUCEIRO DE XAVESTRE
CRUCEIRO DE SAN MARTIÑO
CRUCEIRO DA IGREXA PARROQUIAL DE VILOUCHADA
CRUCEIRO DE SAN ROQUE EN TRAZO
CRUCEIRO EN BERREO
CRUCEIRO EN CASTELO
CRUCEIRO EN CAMPO
CRUCEIRO EN CHAIÁN
CRUCEIRO EN MORLÁN
CRUCEIRO EN TRAZO
CRUCEIRO DE SANTA EUFEMIA E SAN MATEO DE VILOUCHADA

IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOVO DE XAVESTRE

IGREXA

Descripción

Construída no século XVII. Ten unha nave de planta rectangular con cuberta a dúas augas e tellado de tella. A unión da sancristía e a capela maior, rompe a irregularidade do conxunto. Ten un campanario e dúas escaleiras de acceso á igrexa, de estilo barroco, con balaustradas decoradas con placas. Ten esculturas no seu interior.

Galería

Localización

IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE CAMPO

IGREXA

Descripción

Construída no século XII. Ten unha nave de planta rectangular coa parte correspondente á capela maior máis estreita e de menor altura. Muros de sillería granítica con cuberta a dúas augas e tellado de tella, onde sobresaen dúas cruces antefixas. Como recordo da factura románica permanece gran parte da cabeceira así como algúns canzorros orixinais e o arco cego da fachada posterior flanqueado por columnas que xa aparece tamén noutras igrexas da zona. No interior tamén se conservan o arco triunfal que separa a nave do presbiterio e algún que outro elemento como unha pía de auga bendita.

Localización

IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE CHAIÁN

IGREXA

Descripción

Construción primitiva de finais do século XII e principios do século XIII, pero foi reconstruída no 1676. Ten planta de cruz latina co brazo lonxitudinal de maior anchura que o transversal e a cabeceira bastante destacada. Nos laterais existen contrafortes nos que descargan os arcos faixóns da bóveda de canón do interior, e canzorros sostendo a cornixa. muros de sillería granítica con cuberta a dúas augas e tellado de tella. A fachada está ornamentada con pilastras dóricas e un frontón triangular. Sacristía adosada a un dos laterais. Campanario cadrado coroado por unha cúpula e decorado por pináculos e bolas. Tanto a capela maior como as pequenas transversais sepáranse da nave por arcos de medio punto. O arco triunfal é neste caso, dobrado e está sostido por pilastras. Prolóngase nunha bóveda de canón reforzada por outro arco faixón sostido por columnas. Na bóveda consérvanse pinturas ó fresco. Ten un retablo barroco no seu interior.

Galería

Localización

IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE MONZO

IGREXA

Descripción

Igrexa rural dunha soa nave e planta rectangular. A fachada presenta espadaña e campanario. A construción resulta actual máis está rodeada por un muro que pertence a unha construción anterior.

Localización

IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE RESTANDE

IGREXA

Descripción

Igrexa de planta rectangular dunha soa nave. Presenta fachada cun frontón semicircular. A porta é adintelada e sobre ela presenta un óculo. Ten dúas pilastras adosadas a cada un dos lados da porta principal. O conxunto da fachada remata cunha espadana e campanario.

Esta tumba pode corresponder a Don Juan de Leis, Ponte, Moscoso e Andrade xa que é así como figura no seu testamento. Este é o segundo fillo canónigo da Catedral de Santiago e un dos señores do Pazo de Vilacova. Inda que hoxe en día hai unha tumba co seu nome na igrexa de Bardaos.

Galería

Localización

IGREXA PARROQUIAL DE SAN VICENTE DE VILOUCHADA

IGREXA

Descripción

Igrexa de planta rectangular. Ten adosada á súa cabeceira un elemento cuadrangular que corresponde a unha capela ou á sacristía. A fachada remata con espadaña e campanario.

Na parte traseira da igrexa figura o escudo da Universidade de Santiago porque no momento da súa construcción os terreos pertencía a Universidade que os cedeu para levantar neles a igrexa

Localización

IGREXA PARROQUIAL DE SAN MAMEDE DE BERREO

IGREXA

Descripción

Igrexa de planta rectangular. O conxunto é sinxelo non presentando ornamentos. Destaca un elemento semellante a unha torre situado ao lado do atrio da igrexa.

Localización

IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE MORLÁN

IGREXA

Descripción

Igrexa de planta rectangular. Porta principal adintelada. Construción con sillares regulares. Fachada rematada con campanario.

Galería

Localización

IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE CASTELO

IGREXA

Descripción

Igrexa de planta rectangular e unha soa nave. Tellado a dúas augas. Presenta un elemento cadrado adosado á cabeceira. A fachada e sinxela. Porta principal adintelada. Remata a fachada cunha espadaña e campanario. No seu interior dispóñense pinturas fundamentalmente no teito do presbiterio, constituído por unha bóveda de canón. Tamén con interese secundario poden verse murais de carácter decorativo no arco de ingreso á capela adosada ó lado norte da nave. Así mesmo, hai un tema, en tamaño pequeno sobre a porta de ingreso do baptisterio.

Galería

Localización

IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE TRAZO

IGREXA

Descripción

Igrexa barroca construída no século XVIII, posúe unha curiosa planta irregular composta pola unión de dous corpos, un disposto lonxitudinalmente, conformando a nave, e outro unido en sentido transversal no que se sitúan o presbiterio e outra estancia. Os muros son de carga construídos en cantería, exceptuando algunha parte na que aparecen revocados, deixando á vista os perpiaños en esquinas e vans. As cubertas son de tella a dúas augas, se ben no caso do corpo transversal, unha das vertentes prolóngase máis que a outra co fin de continuar a liña axial imposta pola nave lonxitudinal. O exterior da cabeceira, centrado con respecto á nave, aparece un arco cego con arquivoltas decoradas e sostido por columnas acubilladas, que a modo de fornela, alberga unha imaxe. Igualmente a fachada principal é de especial interese, non tanto pola organización das súas partes senón polos elementos decorativos que a compoñen. A porta principal e a fiestra que se atopa inmediatamente enriba, ben moduladas, rodéanse de pezas de cantería que lle confiren un efecto ornamental. Este continúa na parte superior, a espadaña, na que se combina toda unha serie de elementos decorativos rectos e curvos que proporcionan un gran dinamismo ó conxunto.

Localización

IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE BENZA

IGREXA

Descripción

Construída no século XII. Ten unha nave de planta rectangular, muros de mampostería e sillería granítica. Hai unha fiestra semicircular sobre columnas acodilladas nas xambas e canecillos. Sancristía adosada ao ábside. Espadana con dúas campás e decorada con bolas. O interior é de grande interese. O presbiterio separado da nave por medio dun grande arco triunfal apuntado, sostido por dúas grandes columnas con capitel corintio esquematizado apegadas ó muro. Detrás do altar maior sitúase un gran retablo barroco.

Localización

CAPELA DE SAN BIEITO DE VIAÑO PEQUENO

CAPELA

Descripción

Esta capela está situada no lugar de Viaño Pequeno onde se honra a imaxe de San Bieito, celebrándose a súa romaría o domingo de Resurrección.

Sinxela capela de planta rectangular, dunha soa nave. Presbiterio indiferenciado, fachada sinxela formada por porta alintelada, marqueada e rematada cunha cruz en relevo. Sobre ela, unha ventá rectangular e rematada cunha pequena espadana de fermosa factura de traza barroca. Muros revogados e pintados en cor branca agás os esquinais formados por grandes perpiaños.

Localización

CAPELA DE SAN XOSÉ DE OA

CAPELA

Descripción

Pequena construción dunha nave. Nos muros combínase a sillería granítica co formigón e tellado de uralita. A fachada ten unha porta con marco pétreo, un banco adosado cunha inscrición. Saeteiras laterais.

No ano 2009 para conmemorar o 300 aniversario desta capela os vecinos a través da Asociación de vecinos e coa colaboración do Concello, o cura párroco don Manuel Pontes García levaron a cabo a edición do libro 300 anos de historia onde se explica a historia da capela e tamén a do nome da vila de Oa. Outra das pegadas deste aniversario é a inclusión na capela dunha placa conmemorativa

Localización

CAPELA DE SANTA EUFEMIA E SAN MATEO DE VILOUCHADA
FONTE DA SANTA E PEDRA DOS CADRÍS

CAPELA

Descripción

Tamén denominada “Catedral da montaña” como así a chama o historiador Carré a esta capela de Vilouchada.

Está situada, Santa Eufemia, no centro do municipio de Trazo, na parroquia de San Vicente de Vilouchada, nun contorno natural de gran beleza. A ermida presenta unha planta cruciforme composta por un brazo lonxitudinal e outro transversal de dimensións menores situado na parte central do primeiro. Os muros aparecen recebados e a fachada construída en cantería á vista, igual que os enmarques dos vans, que non son moi abondosos. As cubertas son de tella sobre estruturas de madeira.

A parte máis destacada constitúea o coborio octogonal rematado en cúpula sobre o cruceiro, engadido con posterioridade á construción inicial. A fachada frontal conforma o elemento principal da construción, sendo a parte na que se concentra a decoración. Presenta un frontón triangular resultado do remate disposto a dúas augas, encima do cal se levanta un campanario coroado por unha pequena cúpula octogonal. No mesmo eixo que o campanario alíñase a porta principal e un van semicircular, flanqueados por pilastras rematadas en capitel xónico. Ao templo accédese por medio dunha escalinata monumental de dobre acceso, frontal e lateral. O seu estilo é neoclásico.

“Segundo as crenzas a Santa Eufemia ten un culto de moita antigüidade e foi martirizada no ano 140. Segundo a tradición, a súa ficha di así: Virxe e mártir, cristiana de Galicia. Outra máis “singular” narra como foi atopado o seu corpo en Manín-Lobios (Ourense) nunha serra que levaría o seu nome no ano 1090. O seu descubrimento débese a unha pastorciña que viu como asomaba unha man cun anel de entre unhas roces. A nena apoderouse do anel e nese momento quedou muda. O seu pai levouno a restituilo ao mesmo lugar e oiuse unha voz que, en lingua galega, decíalle que alí estaba enterrada a mártir “Eufemia”. O bispo de Ourense Pedro I Seguín, axudado por unha muller do pobo, chamada Estefanía, trasladouno a unha ermida establecéndose un conflicto co Arzobispo de Braga que a reclamaba para sí. O preito quedou resolto apelando algo moi tópico nestes casos, e era colocar o corpo sobre un carro tirado por dous touros que non foran xunguidos deixando á sorte e decisión dos mesmos. Estes tomaron o camiño de Ourense parando preto do pobo de Xeixalvo – próximo á cidade- levantándoselle alí unha Ermida co seu nome que durou ata o século XVI (hoxe apenas existen vestixios). En 1590 trasládanse os restos mortais á catedral onde proseguen unha serie de sucesos)”.

Os retablos actuais teñen a súa orixe no ano 1915 sendo párroco D. Ramón Pedreira Tojo e o seu capelán D. Manuel Noya Domínguez, natural do lugar de Oa en Xavestre. Os mesmos son de estilo gótico con data do ano 1915. Ten unha escalinata de triple acceso de cantaría e balaustrada. No retablo maior están as imáxes de: Á dereita a Virxe Dolorosa, Santa Lucía, en no centro, a Virxe de Fátima; abaixo e arriba Santa Eufemia. Ao lado esquerdo San Ramón e San Xosé.

No altar da capela lateral dereita está o camerino da Santa coa súa imaxe da procesión, á dereita atópase San Andrés e á esquerda: San Francisco de Asís.

Na capela lateral esquerda está á dereita: San Eleuterio co seu can, no centro Santa Margarida e á esquerda, San Brais.

Consta de dous púlpitos con peana de pedra e reixa e dous confesonarios adicados a Santa Eufemia e San Mateo; tamén ten petos artísticos para recoller as limosnas dos seus devotos. Ademais consta detrás do altar, coa sancristía e os seus mobles, “a hucha do trigo”, con capacidade para máis de 500 ferrados de trigo, e no piso de arriba ten dúas sas para comedor e demáis servizos do templo.

O conxunto do edificio ten cinco portas e once ventás, e na fachada principal ten un ventanal de media lúa que da luz á tribuna de construción en madeira, con escaleiras de pedra. Ademais ten unha casa para o capelán onde hoxe, na parte baixa, están os servizos e almacén. Ten luz e auga. Nos arredores, hai un campo de carballos para as merendas e os postos de ventas que se instalan no día da festa. Tamén conta cun grande aparcamento.

A cúpula central construiuse hai 80 anos polo mestre de obras da cerería das “cinco calles de Santiago” coa finalidade de dotar de máis luz ao interior da capela. Logo construiuse o oratorio exterior en tempos do capelán, D. Lino Caramés de Rial (Val do Dubra), hoxe sen teito, para celebrar a Santa Misa o día da festa para tanta concorrencia dos devotos de toda Galicia.

Fronte á porta principal contémplase o cruceiro para as procesións, de grande beleza, onde destaca o seu capitel decorado con orlas vexetais en cada cara un anxo con ás e o Cristo crucificado, coa peculiaridade de San Francisco de Asís que o abraza e o Cristo que o mira, e para a outra parte a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas e coroándoa dous anxos.

Preto da capela hai unha fonte que se denomina a “fonte da Santa”, que está situada na aldea de Penela, ao pé da estrada que vai á parroquia de Berreo e Sigüeiro, de estilo románico, con oco para a imaxe da santa e con este letreiro “hízose en el año 1820, siendo Rector el licenciado don Juan Noboa”, abaixo pon: “STA. Eufemia V. y M.” que quere decir virxe e mártir.

Á esquerda da fonte atopamos a “Pedra dos Cadrís” cos atributos sanitarios de curar a reuma e a esterilidade. No mesmo terreo, hai mesas e barbacoas para sandar a fame dos romeiros.

O día 16 de setembro ten lugar a romaría de Santa Eufemia, e o mesmo escenario acolle o día 21 de setembro a festa de San Mateo.

Romeiros chegados de todas as parroquias e doutros concellos limítrofes, dan conta das súas promesas aos santos. A devoción vai unida á festa e ao xantar popular, e a gaita e as cantigas galegas enchen de vida os campos e a carballeira que serven de escenario á romaría.

A música e o baile son parte fundamental da cultura popular, vellas cantigas e bailes do Concello de Trazo e o seu contorno foron recuperados e postos en valor, estando presentes tanto nas romarís populares, coma en escenariose festivais internacionais de cultura tradicional.

A tradición oral di “galega foi Santa Eufemia, que en chan galego viveu e en chan galego morreu”.

Libro de Santa Eufemia

Localización

ERMIDA DE AUGAS SANTAS E FONTE

ERMIDA

Descripción

Ermida románica do século XII. Ten unha nave de planta rectangular e carece de cuberta. A fachada ten un frontón rectangular. Sacristía adosada a un dos laterais. Espadana que debería albergar dúas campás das que carece. Está rodeada dun muro de pedra con bancos adosados. Na actualidade atópase en execución a reparación da igrexa.

Unha lenda vive en torno a ela, a da súa fonte, a onde acoden os seus vecinos na procura de augas milagreiras para curar os seus males. Di a lenda que debemos mollar un pano na fonte, pasalo pola zona a curar e deixar que o pano seque á redor do manantial, unha vez que o pano esté totalmente seco, os nosos males estarán curados.

Localización

CASA REITORAL DE SANTA MARÍA DE CASTELO

CASA REITORAL

Descripción

Esta casa de finais do século XVIII está situada preto da igrexa parroquial de Castelo, tendo un especial interese pola adaptación da vivenda ao desnivel do terreo no que asenta. A construción ten planta en forma de “T”, xa que ao volume orixinal engadíuselle outro perpendicularmente. Cara a parte principal da vivenda, que conta con dous andares, sitúanse alpendres e palleiras que, xunto co muro perimetral, serven para cerrar a leira. Na zona máis elevada do terreo aínda se conservan distintas dependencias que tamén se utilizan para gardar o gran ou outras colleitas, estando a maior parte delas derruídas ou abandonadas. Contrasta a rusticidade da pedra da zona máis antiga co revoco e enlucido da vivenda, na que se recortan en pezas de cantaría os vans, contando as ventás con tornachoivas e mainel.

Tamén hai que destacar a gran cheminea que coroa a cuberta de tella, pesada e rotunda, e que aínda conserva dous pináculos como elementos decorativos, sinais de identidade dunha arquitectura culta. No interior poderemos apreciar a fermosa lareira que conta cun pequeno forno.

Localización

CASA REITORAL DE SAN CRISTOVO DE XAVESTRE

CASA REITORAL

Descripción

Esta casa de finais do século XVIII é outro exemplo de arquitectura civil ó servizo das construcións vencelladas á arquitectura relixiosa, é a Casa Rectoral de Xavestre, preto da Igrexa de San Cristovo. Neste caso trátase de dous volumes de planta rectangular dispostos en paralelo e apegados entre si. Perpendicular á fachada principal outra construción fai ás veces de alpendre.

A vivenda é de traza moi sinxela, conta con dous andares, estando unha delas cuberta a dúas augas con pranchas de fibrocemento, mentres que a outra faino con tella curva a tres augas.

O estado de conservación non é moi bo, aínda que sufriu diversas intervencións. Os muros de carga deixan á vista a cachotería que tenta abrirse paso entre a vexetación que cobre parte dos paramentos. Cómpre destacar as boas pezas de cantaría que enmarcan os vans, aparecendo nunha das ventás uns motivos decorativos que semellan unhas arcadas e adornos vexetais, pezas que deberon ser traídas doutra edificación sen identificar.

Na parte posterior tamén se poden apreciar os restos dunha escaleira que subía directamente ao segundo andar. O conxunto da leira complétase cun pombal de pedra e un hórreo.

Localización

CASA REITORAL DE SAN VICENTE DE VILOUCHADA

CASA REITORAL

Descripción

Edificio de pedra con cuberta a dúas augas. O hórreo da reitoral atópase noutro lado da estrada.

Localización

CASA REITORAL DE SAN XOAN DE CAMPO

CASA REITORAL

Descripción

Casa de pedra de dúas plantas con cuberta a dúas augas de tella do país. Ten dependencias adosadas á casa. Na actualidade esta casa atópase en ruínas.

Localización

CASA REITORAL DE SANTA MARÍA DE CHAIÁN

CASA REITORAL

Descripción

Edificación do século XIX de planta rectangular e dúas alturas. Fábrica de cachotería de lousa enfoscada e pintada de branco, agás nos enmarcados dos vans que son de sillería de granito visto. Estrutura de muros de carga e forxados de madeira.

Localización

CASA REITORAL DE SANTA MARÍA DE RESTANDE

CASA REITORAL

Descripción

Edificación de planta aproximadamente rectangular de dúas alturas con cuberta e catro augas. Muros de cachotería agás esquinais e recercados de cantaría. No centro da fachada principal hai unha portadaire con trabatel.

Localización

CASA REITORAL DE SANTA MARÍA DE TRAZO

CASA REITORAL

Descripción

Edificio simétrico de pedra, de dúas alturas, con cuberta a catro augas de tella do país. O acceso ao edificio realízase por unha escaleira central que eleva a planta baixa por encima do terreo. O edificio está recuberto e pintado, salvo nos esquinais que son de pedra vista. Ten alpendres adosados a un lateral do edificio.

Localización

CRUCEIRO DE BENZA

CRUCEIRO

Descripción

Realizado en granito, ten a cruz cuadrangular con figuras de Cristo e a Inmaculada; capitel troncopiramidal invertido con cabezas de anxos con ás e dúas imaxes, unha delas de San Antonio de Padua e outra sen recoñecer. O fuste é cadrado con chafláns. A base é cuadrangular e termina con chafláns. Posúe a inscrición “…1702…! Apóiase sobre tres banzos de planta cuadrangular.

Localización

CRUCEIRO DE RESTANDE

CRUCEIRO

Descripción

Realizado en granito, ten na cruz as figuras de Cristo e a Inmaculada. Capitel cúbico e liso (reparado con pezas de ferro). Fuste cadrado con chafláns e coa imaxe dun bispo. A base é cuadrangular. Apóiase sobre tres banzos de planta cuadrangular.

Localización

CRUCEIRO DE XAVESTRE

CRUCEIRO

Descripción

Realizado en granito, a cruz é octogonal coas figuras de Cristo e a Inmaculada. Capitel troncopiramidal invertido con volutas e imaxes nas catro caras: San Pedro, San Paulo e outras dúas sen recoñecer. O fuste é octogonal comezando e concluíndo en cadrado. A base é cuadrangular e remata en chafláns. Posúe a inscrición “…1890…”. Apóiase sobre tres banzos de planta cuadrangular.

Localización

CRUCEIRO DE SAN MARTIÑO

CRUCEIRO

Descripción

Ubícase tras a ábsida da igrexa parroquial. Tanto a súa cruz como o capitel poden ser considerados únicos no seu estilo. A primeira destaca polo talle da súa imaxe mariana. Aínda sen a pintura que sen dúbida tivo, chama a atención o manto bordado con adornos de todo tipo moi ben esculpidos. O capitel, de pedra de diferente calidade e color co resto, lembra polas súas formas e decoración dalgúns prerrománicos. É moi orixinal e as súas caras adórnanse con figuras de corpo enteiro representando a un santo-fundador con hábito de monxe que sostén un libro en alto; un bispo con báculo e mitra, un santo Antonio co Neno no seu brazo esquerdo e un franciscano cos brazos en cruz.

Cruceiro erixido sobre unha base de catro bazos. Pedestal trocopiramidal. Fuste formado por dous elementos, o primeiro de maior tamaño co segundo. O conxunto remátase con capitel formado por varias molduras sinxelas sobre o que se dispón unha cruz que leva por un lado unha escultura de Cristo e polo outra a Virxe. Diante do cruceiro sitúase un pequeno altar de pedra.

Localización

CRUCEIRO DE SAN ROQUE EN TRAZO

CRUCEIRO

Descripción

Cruceiro de cantería cementado directamente sobre tres gradas sobre as que se asenta a base cuadrangular. Varal liso octogonal que comeza cadrado. Carece de capitel e no seu lugar amosa un colariño. Remata cunha cruz coa representación do Cristo crucificado, no anverso, e o tema da Piedade no reverso

A orixe deste cruceiro atopámola na existencia antigamente dunha capela do San Roque na aldea do Carpio e logo no monte San Roque na aldea dos Campos, de todos os xeitos hoxe en día non existen restos desta capela pero si queda a lenda do San Roque.

CRUCEIRO EN BERREO

CRUCEIRO

Descripción

Cruceiro disposto sobre dous chanzos. Pedestal cadrado. Fuste cadrado. Capitel sinxelo sen ornamentos sobre o que descansa a cruz onde aparece a representación de Cristo e da Virxe. Diante do cruceiro disponse unha pequena mesa de pedra a modo de altar.

Localización

CRUCEIRO EN CASTELO

CRUCEIRO

Descripción

Cruceiro diposto sobre tres banzos de pedra. Pedestal rectangular. Fuste hexagonal sobre o que se dispón o capitel. Este presenta unha moldura cirucular e está adornado con relevos sinxelos. Sobre el se dispón a cruz coa imaxe de Cristo e da Virxe. Diante do cruceiro disponse unha pequena mesa a modo de altar.

Localización

CRUCEIRO EN CAMPO

CRUCEIRO

Descripción

Cruceiro disposto sobre catro chanzos de pedra. Pedestal cúbico. O fuste e de base cadrada. Carece de capitel, no seu lugar se dispón unha moldura circular sobre a que descansa da cruz na que aparece a representación de Cristo e da Virxe.

Localización

CRUCEIRO EN CHAIÁN

CRUCEIRO

Descripción

Cruceiro de cantaría asentado sobre cinco gradas nas que se ergue a base cuadrangular moi rebaixada e rematada con bocel. Varal liso cilíndrico de arranque cadrado moldurado. Capitel toscano e rematado cunha cruz circular leñosa con nós coa representación do Cristo crucificado nunha das súas caras e a Dolorosa na oposta.

Localización

CRUCEIRO EN MORLÁN

CRUCEIRO

Descripción

Cruceiro de cantaría sobre tres gradas sobre as que se asenta a basa cuadrangular rematado con bocel e mediacana. Varal liso octogonal que remata cadrado e parte dun pedestal cuadrangular moldurado. Capitel cadrado historiado con figuras en relevo (caras e as imaxes da Virxe e San Antonio) rematado cunha cruz coa representación do Cristo crucificado, no anverso, e a Dolorosa sobre a lúa no reverso.

Localización

CRUCEIRO EN TRAZO

CRUCEIRO

Descripción

Cruceiro de cantaría sobre tres gradas sobre as que se asenta a basa cuadrangular rematada con bocel e mediacana. Mesa apegada. Varal cadrado con boceles nas arestas (comeza e remata sen eles). Capitel xónico con querubíns en relevo rematado cunha cruz coa representación do Cristo crucificado, no anverso, e a Virxe sedente no reverso sobre peana con tres anxos.

Cruceiro para as procesións, de grande beleza, onde destaca o seu capitel decorado con orlas vexetais en cada cara un anxo con ás e o Cristo crucificado, coa peculiaridade de San Francisco de Asís que o abraza e o Cristo que o mira, e para a outra parte a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas e coroándoa dous anxos.