SENDAS DE TRAZO
A CARBALLEIRA DE CHAIÁN

SENDAS DE TRAZO

Descripción

Ruta de senderismo cuxo percorrido permite observar fermosos paisaxes con pazos, castros e igrexas de interese cultural dos que se pode disfrutar nunha xornada de descanso e tempo libre.

O percorrido comeza no Monte Pedroso, na parroquia de Monzo, pasa pola chamada pedra faladora para logo visitar a Igrexa de Monzo.

Máis adiante en Restande tamén se pode ver a súa igrexa, o seu campo da festa e o pazo de Vilacoba.

Despois o camiño segue ata a capela do Carme da Ermida pertencente o veciño concello de Tordoia pero en terras tracenses.

A continuación pódese visitar o castro de Lestrove do que so se pode observar a sua forma redondeada elevada, para logo finalizar o percorrido xunto ao río Tambre tras camiñar a carón do Chonia e visitar os muiños e batáns de Oa.

Descargar triptico

Descargar ruta

Localización

A CARBALLEIRA DE CHAIÁN

Descripción

A tan só dez minutos en coche da capital galega atópase a fronteira natural entre esta e o concello de Trazo: O río Tambre, ao seu paso por Chaián. Na marxe dereita, a beira tracense, revélase a carballeira reconvertida en área de lecer. E, sobre todo, de tranquilidade.

A ribeira conforma unha ruta para sendeirismo, que se adorna con pontes de madeira e unha área de descanso.

Pese ao frío no inverno, a imaxe deste lugar de Chaián evoca o outono. Un manto de follas secas, serve de alfombra a un paseo, seguindo o curso do río. A ruta, apta para o sendeirismo, adórnase con pontes de madeira. A cor marrón de troncos e follas -tamén de castaño- caducas rompe só co verde que, a pesar da estación do ano, aínda conservan algunhas ramas, descolgadas a moi poucos centímetros do caudal, vindo a máis, do río.

Pola contra na primavera ou verán podemos camiñar tranquilamente á sombra da numerosa vexetación e gozar do unha completa paisaxe verde.

Xa de volta á ponte de Chaián, reaparece o ruído, ausente, a excepción do das augas, durante toda a ruta. A zona máis transitada deste espazo, a área de recreo. Conta con numerosas mesas para gozar nelas dunha comida ao aire libre, para o que se construíron tamén asadores de pedra. En comuñón coa contorna, todas as demais construcións son de madeira, incluídas papeleiras, colectores, aseos e, por suposto, o bar, que permanece pechado durante o inverno.

Descarga da ruta