
Aula de informática
Dispós de ordenadores e impresora para poderte conectar.
Horario de Luns a Venres de 16:30 a 20:00.
Wifi dispoñible para usuarios.

Biblioteca
Cun amplo catálogo e tamén un par de ordenadores con internet para uso libre.
Wifi dispoñible para usuarios.
Consulta en liña o noso catálogo e actualidade.

Pavillón polideportivo
Onde practicar os teus deportes, chama o concello para facer a túa reserva.
Con pistas para voleibol, fútbol e baloncesto.

Pista de tenis e fútbol
Consúltanos a súa dispoñibilidade para desfrutar tranquilamente dela.

Piscina
Aberta durante todo o verán para poder refrescarnos con servizo de socorrismo.
Horario de 12 a 21 horas, dende mediados de Xuño a mediados de Setembro.

Parques infantís
Espallados por varias parroquias do concello (Berreo, Chaián, Viaño Pequeno e Xavestre) para que poidas levar os cativos.

Parques biosaudables
Lugares con máquinas para exercitar os músculos.

Punto de Atención a Infancia (PAI)
Con capacidade para 20 nenos e unha alta demanda de prazas.

Servizos sociais
Situados na planta baixa do concello encárganse de diversas actividades e servizos destinados ós nosos maiores e tamén para o apoio ás familias.