• Skip to primary navigation
  • Skip to content
  • Skip to footer
Concello de Trazo

Concello de Trazo

Sitio oficial

  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo da alcaldesa
    • Corporación local
    • Buzón de suxerencias
  • Trazo
    • Situación xeográfica
    • Historia e cultura
    • Parroquias
    • Tradicións e lendas
  • Turismo
    • Como chegar
    • Onde durmir
    • Onde comer
    • Onde tomar algo
    • Patrimonio relixioso
    • Patrimonio civil
    • Natureza
    • Roteiros
    • Festas
  • Servizos
    • Teléfonos de interese
    • Empresas e comercios
    • Servizos municipáis
  • Novas
  • Contacto

A CARBALLEIRA DE CHAIÁN

Inicio / Elementos del portfolio / A CARBALLEIRA DE CHAIÁN

26/06/2018 by PabloG

Descripción

A tan só dez minutos en coche da capital galega atópase a fronteira natural entre esta e o concello de Trazo: O río Tambre, ao seu paso por Chaián. Na marxe dereita, a beira tracense, revélase a carballeira reconvertida en área de lecer. E, sobre todo, de tranquilidade.

A ribeira conforma unha ruta para sendeirismo, que se adorna con pontes de madeira e unha área de descanso.

Pese ao frío no inverno, a imaxe deste lugar de Chaián evoca o outono. Un manto de follas secas, serve de alfombra a un paseo, seguindo o curso do río. A ruta, apta para o sendeirismo, adórnase con pontes de madeira. A cor marrón de troncos e follas -tamén de castaño- caducas rompe só co verde que, a pesar da estación do ano, aínda conservan algunhas ramas, descolgadas a moi poucos centímetros do caudal, vindo a máis, do río.

Pola contra na primavera ou verán podemos camiñar tranquilamente á sombra da numerosa vexetación e gozar do unha completa paisaxe verde.

Xa de volta á ponte de Chaián, reaparece o ruído, ausente, a excepción do das augas, durante toda a ruta. A zona máis transitada deste espazo, a área de recreo. Conta con numerosas mesas para gozar nelas dunha comida ao aire libre, para o que se construíron tamén asadores de pedra. En comuñón coa contorna, todas as demais construcións son de madeira, incluídas papeleiras, colectores, aseos e, por suposto, o bar, que permanece pechado durante o inverno.

Icon
Ruta Carballeira de Chaían 4.09 KB
Download

Inicio do roteiro

←PONTE ALBAR
SENDAS DE TRAZO→

Footer

Ligazóns

Taboleiro de anuncios

Concello

  • Saúdo da alcaldesa
  • Corporación local
  • Buzón de suxerencias

Contacto

Domicilio: Lugar de Viaño Pequeño, 14, 15687 Trazo (A Coruña).
Email: correo@concellodetrazo.es
Tel: 981 689 001 / 981 689 036.
Fax: 981 689 035

Servizos

  • Teléfonos de interese
  • Empresas e comercios
  • Servizos municipáis

Trazo

  • Situación xeográfica
  • Parroquias
  • Historia e cultura
  • Tradicións e lendas

Turismo

  • Como chegar
  • Onde durmir
  • Onde comer
  • Onde tomar algo
  • Patrimonio relixioso
  • Patrimonio civil
  • Natureza
  • Roteiros
  • Festas

Novas

  • LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS CURSO 2023/2024
  • XORNADA INFORMATIVA “A ADMINSITRACIÓN PRETO DE TI”- MÉRCORES 22 DE MARZO ÁS 11,30 NA CASA AMARELA.
  • Anuncio IDAE
  • I Concurso de vídeos Trazo de fronte ás ciberviolencias machistas
  • ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS 2022-2023
  • ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022/2023
  • Aberto o prazo para solicitar as axudas para material escolar curso 2022/2023
  • Folleto de inscrición para as Actividades Deportivas Municipais
  • BASES REGULADORAS DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR E PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMISTRATIVO DE APOIO DO OBRADOIRO DE EMPREGO TRAZO- TORDOIA-CERCEDA
  • Obradoiro dual de emprego Trazo- Tordoia- Cerceda

Política de protección de datos - Política de Cookies - Rexistro de actividades de tratamento

Copyright © 2018 Concello de Trazo. Por Nceltia