• Skip to primary navigation
  • Skip to content
  • Skip to footer
Concello de Trazo

Concello de Trazo

Sitio oficial

  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo do alcalde
    • Corporación local
    • Buzón de suxerencias
  • Trazo
    • Situación xeográfica
    • Historia e cultura
    • Parroquias
    • Tradicións e lendas
  • Turismo
    • Como chegar
    • Onde durmir
    • Onde comer
    • Onde tomar algo
    • Patrimonio relixioso
    • Patrimonio civil
    • Natureza
    • Roteiros
    • Festas
  • Servizos
    • Teléfonos de interese
    • Empresas e comercios
    • Servizos municipáis
  • Novas
  • Contacto

ÁREA DE LECER, PRAIA FLUVIAL E MERENDEIRO DA CARBALLEIRA DE CHAIÁN

Inicio / Elementos del portfolio / ÁREA DE LECER, PRAIA FLUVIAL E MERENDEIRO DA CARBALLEIRA DE CHAIÁN

25/06/2018 by PabloG

Descripción

O Tambre regala un dos seus mellores recantos en Chaián, a área de lecer pública coa súa propia praia fluvial. Aquí pódese pescar ou simplemente deixarse levar polo verdadeiro significado do termo descanso á sombra da frondosa vexetación de carballos, ameneiros e castiñeiros. As camiñadas por estes contornos naturais constitúen o maior aliciente para o turismo rural e en Trazo non faltan oportunidades para gozar deste tipo de viaxe alternativa, onde o descanso, o contacto coa natureza, a práctica de deportes e os xogos populares, xunto co goce da gastronomía tradicional, son a mellor terapia contra o acelerado balbordo dos novos tempos.

En Chaián a man do home fixo máis transitables unhas ribeiras de ensoño, onde o Tambre non é o único protagonista. A frondosidade das súas ribeiras, con carballos e alisos centenarios, é extraordinaria. É un lugar idóneo para disfrutar da natureza, para bañarse no verán ou ir de pesca na primavera, que din que aquí hai excelentes troitas. Unha carballeira rehabilitada como merendeiro e pequena praia fluvial dende 1992, cuxa vexetación salvaxe promete relaxantes camiñatas e o descubrimento de espazos virxes.

As augas deste río, que regan esta gran comarca agrícola, son testigo e espello neste tramo no mes de xullo da tradicional Festa do Escalo, porque o Tambre, ademais de en vexetación, tamén é rico en numerosa fauna.

←Batáns, muiños e fábricas da luz de Oa
Mosteiro de San Vicente de Vilón→

Footer

Concello

  • Saúdo do alcalde
  • Corporación local
  • Buzón de suxerencias

Contacto

Domicilio: Lugar de Viaño Pequeño, 14, 15687 Trazo (A Coruña).
Email: correo@concellodetrazo.es
Tel: 981 689 001 / 981 689 036.
Fax: 981 689 035

Servizos

  • Teléfonos de interese
  • Empresas e comercios
  • Servizos municipáis

Trazo

  • Situación xeográfica
  • Parroquias
  • Historia e cultura
  • Tradicións e lendas

Turismo

  • Como chegar
  • Onde durmir
  • Onde comer
  • Onde tomar algo
  • Patrimonio relixioso
  • Patrimonio civil
  • Natureza
  • Roteiros
  • Festas

Novas

  • (sin título)
  • (sin título)
  • (sin título)
  • CONCURSO DE CARTEIS 25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
  • (sin título)
  • (sin título)
  • (sin título)
  • (sin título)
  • (sin título)
  • (sin título)

Política de protección de datos - Política de Cookies - Rexistro de actividades de tratamento

Copyright © 2018 Concello de Trazo. Por Nceltia