• Skip to primary navigation
  • Skip to content
  • Skip to footer
Concello de Trazo

Concello de Trazo

Sitio oficial

  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo do alcalde
    • Corporación local
    • Buzón de suxerencias
  • Trazo
    • Situación xeográfica
    • Historia e cultura
    • Parroquias
    • Tradicións e lendas
  • Turismo
    • Como chegar
    • Onde durmir
    • Onde comer
    • Onde tomar algo
    • Patrimonio relixioso
    • Patrimonio civil
    • Natureza
    • Roteiros
    • Festas
  • Servizos
    • Teléfonos de interese
    • Empresas e comercios
    • Servizos municipáis
  • Novas
  • Contacto

Batáns, muiños e fábricas da luz de Oa

Inicio / Elementos del portfolio / Batáns, muiños e fábricas da luz de Oa

25/06/2018 by PabloG

Descripción

Ao longo do río Chonia atopámonos cunha serie de construcións da arquitectura tradicional da zona. Trátase dun conxunto de vellos muíños e batáns localizados na parroquia de Xavestre. Antigamente a xente baixaba ao río e levaban a “bater” o tecido feito un nobelo que se metía na pía deste aparello de madeira, votando auga sen parar por encima del para que non se queimase coa fricción dos golpes repetidos das manlles. O proceso podería durar toda a noite. Tres eran os vellos batáns do río Chonia; dous deles xa traballaban dende o ano 1750. Actualmente só se mantén o Batán de Neiro de Oa, o de Carballo de Tarrío levouno unha riada e o de Pardal de Oa estase deteriorando lentamente.

Estas construcións arquitectónicas sábese que estaban integramente feitas de madeira dura, unicamente nos últimos anos comezouse a empregar o ferro para os beos e a fixación da roda e das palas.

Tanto os batáns como os muíños desta zona constitúen un gran valor simbólico que merecen a pena ser visitados pola curiosa paisaxe que se forma na zona a escasos metros da desembocadura do Chonia no Río Tambre.

Conxunto de muíños e “fábricas de luz” nos contornos do río Chonia, afluente do Tambre. A súa orixe remóntase ao ano 1750, e é un reflexo da utilización da enerxía da auga no medio rural. Hai catro muíños comunais: un en Tarrio (dun pé) e tres en Oa (que suman catro pés); todos eles para moer millo. Privados son os dous de Neiro de Oa (de tres e dous pés respectivamente), os catro de Pardas de Oa ( un de tres pés), un deles para moer trigo (“albeiro”) e os tres de Carballo de Tarrio (un “albeiro” e outro de millo). Hoxe en día só se mantén coidado o de Neiro de Oa mentres cos de Pardal de Oa destrúense lentamente. Son interesantes tamén as antigas fábricas de luz, das cales algunha funcionou ata o ano 1970. Son un total de 14 muíños dos que tan so uns cantos presentan un bo estado de conservación, xa que, as riadas, os incendios, ou a falla de iniciativa, provocaron o declive de boa parte deles.

Esta zona tamén goza dunha paisaxe única en canto as suas vistas polas fortes pendendes e recunchos ao longo do río ata a súa desembocadura no Tambre. Máis información sobre a paisaxe desta zona aquí.

Icon
Tríptico batáns 2.05 MB
Download
←PONTE ALBAR
ÁREA DE LECER, PRAIA FLUVIAL E MERENDEIRO DA CARBALLEIRA DE CHAIÁN→

Footer

Concello

  • Saúdo do alcalde
  • Corporación local
  • Buzón de suxerencias

Contacto

Domicilio: Lugar de Viaño Pequeño, 14, 15687 Trazo (A Coruña).
Email: correo@concellodetrazo.es
Tel: 981 689 001 / 981 689 036.
Fax: 981 689 035

Servizos

  • Teléfonos de interese
  • Empresas e comercios
  • Servizos municipáis

Trazo

  • Situación xeográfica
  • Parroquias
  • Historia e cultura
  • Tradicións e lendas

Turismo

  • Como chegar
  • Onde durmir
  • Onde comer
  • Onde tomar algo
  • Patrimonio relixioso
  • Patrimonio civil
  • Natureza
  • Roteiros
  • Festas

Novas

  • RESOLUCIÓN DEFINITIVA PEL REACTIVA
  • Aberto prazo para solicitar o Cheque Bebé
  • ENTROIDO NA LAREIRA 2021
  • PLAN DE ACCIÓN PARA EL CLIMA Y LA ENERGÍA SOSTENIBLE DEL AYUNTAMIENTO DE TRAZO
  • Gañadoras do concurso de carteis 25N
  • PEL REACTIVA- CONCELLO DE TRAZO
  • CAMPAÑA 25 N
  • II CONCURSO DE CARTEIS 25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
  • CAMPAÑA DA GRIPE 2020
  • Plan PEL Rurinnova

Política de protección de datos - Política de Cookies - Rexistro de actividades de tratamento

Copyright © 2018 Concello de Trazo. Por Nceltia