Descripción
Esta capela está situada no lugar de Viaño Pequeno onde se honra a imaxe de San Bieito, celebrándose a súa romarÃa o domingo de Resurrección.
Sinxela capela de planta rectangular, dunha soa nave. Presbiterio indiferenciado, fachada sinxela formada por porta alintelada, marqueada e rematada cunha cruz en relevo. Sobre ela, unha ventá rectangular e rematada cunha pequena espadana de fermosa factura de traza barroca. Muros revogados e pintados en cor branca agás os esquinais formados por grandes perpiaños.