Descripción
Tamén denominada “Catedral da montaña†como asà a chama o historiador Carré a esta capela de Vilouchada.
Está situada, Santa Eufemia, no centro do municipio de Trazo, na parroquia de San Vicente de Vilouchada, nun contorno natural de gran beleza. A ermida presenta unha planta cruciforme composta por un brazo lonxitudinal e outro transversal de dimensións menores situado na parte central do primeiro. Os muros aparecen recebados e a fachada construÃda en canterÃa á vista, igual que os enmarques dos vans, que non son moi abondosos. As cubertas son de tella sobre estruturas de madeira.
A parte máis destacada constitúea o coborio octogonal rematado en cúpula sobre o cruceiro, engadido con posterioridade á construción inicial. A fachada frontal conforma o elemento principal da construción, sendo a parte na que se concentra a decoración. Presenta un frontón triangular resultado do remate disposto a dúas augas, encima do cal se levanta un campanario coroado por unha pequena cúpula octogonal. No mesmo eixo que o campanario alÃñase a porta principal e un van semicircular, flanqueados por pilastras rematadas en capitel xónico. Ao templo accédese por medio dunha escalinata monumental de dobre acceso, frontal e lateral. O seu estilo é neoclásico.
“Segundo as crenzas a Santa Eufemia ten un culto de moita antigüidade e foi martirizada no ano 140. Segundo a tradición, a súa ficha di asÃ: Virxe e mártir, cristiana de Galicia. Outra máis “singular†narra como foi atopado o seu corpo en ManÃn-Lobios (Ourense) nunha serra que levarÃa o seu nome no ano 1090. O seu descubrimento débese a unha pastorciña que viu como asomaba unha man cun anel de entre unhas roces. A nena apoderouse do anel e nese momento quedou muda. O seu pai levouno a restituilo ao mesmo lugar e oiuse unha voz que, en lingua galega, decÃalle que alà estaba enterrada a mártir “Eufemiaâ€. O bispo de Ourense Pedro I SeguÃn, axudado por unha muller do pobo, chamada EstefanÃa, trasladouno a unha ermida establecéndose un conflicto co Arzobispo de Braga que a reclamaba para sÃ. O preito quedou resolto apelando algo moi tópico nestes casos, e era colocar o corpo sobre un carro tirado por dous touros que non foran xunguidos deixando á sorte e decisión dos mesmos. Estes tomaron o camiño de Ourense parando preto do pobo de Xeixalvo – próximo á cidade- levantándoselle alà unha Ermida co seu nome que durou ata o século XVI (hoxe apenas existen vestixios). En 1590 trasládanse os restos mortais á catedral onde proseguen unha serie de sucesos)â€.
Os retablos actuais teñen a súa orixe no ano 1915 sendo párroco D. Ramón Pedreira Tojo e o seu capelán D. Manuel Noya DomÃnguez, natural do lugar de Oa en Xavestre. Os mesmos son de estilo gótico con data do ano 1915. Ten unha escalinata de triple acceso de cantarÃa e balaustrada. No retablo maior están as imáxes de: à dereita a Virxe Dolorosa, Santa LucÃa, en no centro, a Virxe de Fátima; abaixo e arriba Santa Eufemia. Ao lado esquerdo San Ramón e San Xosé.
No altar da capela lateral dereita está o camerino da Santa coa súa imaxe da procesión, á dereita atópase San Andrés e á esquerda: San Francisco de AsÃs.
Na capela lateral esquerda está á dereita: San Eleuterio co seu can, no centro Santa Margarida e á esquerda, San Brais.
Consta de dous púlpitos con peana de pedra e reixa e dous confesonarios adicados a Santa Eufemia e San Mateo; tamén ten petos artÃsticos para recoller as limosnas dos seus devotos. Ademais consta detrás do altar, coa sancristÃa e os seus mobles, “a hucha do trigoâ€, con capacidade para máis de 500 ferrados de trigo, e no piso de arriba ten dúas sas para comedor e demáis servizos do templo.
O conxunto do edificio ten cinco portas e once ventás, e na fachada principal ten un ventanal de media lúa que da luz á tribuna de construción en madeira, con escaleiras de pedra. Ademais ten unha casa para o capelán onde hoxe, na parte baixa, están os servizos e almacén. Ten luz e auga. Nos arredores, hai un campo de carballos para as merendas e os postos de ventas que se instalan no dÃa da festa. Tamén conta cun grande aparcamento.
A cúpula central construiuse hai 80 anos polo mestre de obras da cererÃa das “cinco calles de Santiago†coa finalidade de dotar de máis luz ao interior da capela. Logo construiuse o oratorio exterior en tempos do capelán, D. Lino Caramés de Rial (Val do Dubra), hoxe sen teito, para celebrar a Santa Misa o dÃa da festa para tanta concorrencia dos devotos de toda Galicia.
Fronte á porta principal contémplase o cruceiro para as procesións, de grande beleza, onde destaca o seu capitel decorado con orlas vexetais en cada cara un anxo con ás e o Cristo crucificado, coa peculiaridade de San Francisco de AsÃs que o abraza e o Cristo que o mira, e para a outra parte a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas e coroándoa dous anxos.
Preto da capela hai unha fonte que se denomina a “fonte da Santaâ€, que está situada na aldea de Penela, ao pé da estrada que vai á parroquia de Berreo e Sigüeiro, de estilo románico, con oco para a imaxe da santa e con este letreiro “hÃzose en el año 1820, siendo Rector el licenciado don Juan Noboaâ€, abaixo pon: “STA. Eufemia V. y M.†que quere decir virxe e mártir.
à esquerda da fonte atopamos a “Pedra dos CadrÃs†cos atributos sanitarios de curar a reuma e a esterilidade. No mesmo terreo, hai mesas e barbacoas para sandar a fame dos romeiros.
O dÃa 16 de setembro ten lugar a romarÃa de Santa Eufemia, e o mesmo escenario acolle o dÃa 21 de setembro a festa de San Mateo.
Romeiros chegados de todas as parroquias e doutros concellos limÃtrofes, dan conta das súas promesas aos santos. A devoción vai unida á festa e ao xantar popular, e a gaita e as cantigas galegas enchen de vida os campos e a carballeira que serven de escenario á romarÃa.
A música e o baile son parte fundamental da cultura popular, vellas cantigas e bailes do Concello de Trazo e o seu contorno foron recuperados e postos en valor, estando presentes tanto nas romarÃs populares, coma en escenariose festivais internacionais de cultura tradicional.
A tradición oral di “galega foi Santa Eufemia, que en chan galego viveu e en chan galego morreuâ€.
[wpdm_package id=’919′]