Descripción
Esta casa de finais do século XVIII é outro exemplo de arquitectura civil ó servizo das construcións vencelladas á arquitectura relixiosa, é a Casa Rectoral de Xavestre, preto da Igrexa de San Cristovo. Neste caso trátase de dous volumes de planta rectangular dispostos en paralelo e apegados entre si. Perpendicular á fachada principal outra construción fai ás veces de alpendre.
A vivenda é de traza moi sinxela, conta con dous andares, estando unha delas cuberta a dúas augas con pranchas de fibrocemento, mentres que a outra faino con tella curva a tres augas.
O estado de conservación non é moi bo, aÃnda que sufriu diversas intervencións. Os muros de carga deixan á vista a cachoterÃa que tenta abrirse paso entre a vexetación que cobre parte dos paramentos. Cómpre destacar as boas pezas de cantarÃa que enmarcan os vans, aparecendo nunha das ventás uns motivos decorativos que semellan unhas arcadas e adornos vexetais, pezas que deberon ser traÃdas doutra edificación sen identificar.
Na parte posterior tamén se poden apreciar os restos dunha escaleira que subÃa directamente ao segundo andar. O conxunto da leira complétase cun pombal de pedra e un hórreo.