Descripción
Esta casa de finais do século XVIII está situada preto da igrexa parroquial de Castelo, tendo un especial interese pola adaptación da vivenda ao desnivel do terreo no que asenta. A construción ten planta en forma de “Tâ€, xa que ao volume orixinal engadÃuselle outro perpendicularmente. Cara a parte principal da vivenda, que conta con dous andares, sitúanse alpendres e palleiras que, xunto co muro perimetral, serven para cerrar a leira. Na zona máis elevada do terreo aÃnda se conservan distintas dependencias que tamén se utilizan para gardar o gran ou outras colleitas, estando a maior parte delas derruÃdas ou abandonadas. Contrasta a rusticidade da pedra da zona máis antiga co revoco e enlucido da vivenda, na que se recortan en pezas de cantarÃa os vans, contando as ventás con tornachoivas e mainel.
Tamén hai que destacar a gran cheminea que coroa a cuberta de tella, pesada e rotunda, e que aÃnda conserva dous pináculos como elementos decorativos, sinais de identidade dunha arquitectura culta. No interior poderemos apreciar a fermosa lareira que conta cun pequeno forno.