Descripción
Na parroquia de Monzo, no monte do Pedroso, hai varios achados consistentes en varias pedras grandes, denominadas: Pedra do Capelo, Pedra faladora (que consiste nunha pedra grande que ten a forma dos ollos, o nariz e a boca) e Cova dos Mouros, como así se coñece dende os nosos devanceiros. A cova dos mouros ten unha entrada estreita e na parte superior ten un símbolo consistente nun gravado cuadrangular cun oco no centro.
Tamén existe outra pedra denominada “Casa dos Mouros” sita no Alto da Medorra, concretamente na “Lagoa”.