Descripción
Ermida románica do século XII. Ten unha nave de planta rectangular e carece de cuberta. A fachada ten un frontón rectangular. SacristÃa adosada a un dos laterais. Espadana que deberÃa albergar dúas campás das que carece. Está rodeada dun muro de pedra con bancos adosados. Na actualidade atópase en execución a reparación da igrexa.
Unha lenda vive en torno a ela, a da súa fonte, a onde acoden os seus vecinos na procura de augas milagreiras para curar os seus males. Di a lenda que debemos mollar un pano na fonte, pasalo pola zona a curar e deixar que o pano seque á redor do manantial, unha vez que o pano esté totalmente seco, os nosos males estarán curados.