Descripción
Igrexa de planta rectangular e unha soa nave. Tellado a dúas augas. Presenta un elemento cadrado adosado á cabeceira. A fachada e sinxela. Porta principal adintelada. Remata a fachada cunha espadaña e campanario. No seu interior dispóñense pinturas fundamentalmente no teito do presbiterio, constituÃdo por unha bóveda de canón. Tamén con interese secundario poden verse murais de carácter decorativo no arco de ingreso á capela adosada ó lado norte da nave. Asà mesmo, hai un tema, en tamaño pequeno sobre a porta de ingreso do baptisterio.