Descripción
Construción primitiva de finais do século XII e principios do século XIII, pero foi reconstruÃda no 1676. Ten planta de cruz latina co brazo lonxitudinal de maior anchura que o transversal e a cabeceira bastante destacada. Nos laterais existen contrafortes nos que descargan os arcos faixóns da bóveda de canón do interior, e canzorros sostendo a cornixa. muros de sillerÃa granÃtica con cuberta a dúas augas e tellado de tella. A fachada está ornamentada con pilastras dóricas e un frontón triangular. SacristÃa adosada a un dos laterais. Campanario cadrado coroado por unha cúpula e decorado por pináculos e bolas. Tanto a capela maior como as pequenas transversais sepáranse da nave por arcos de medio punto. O arco triunfal é neste caso, dobrado e está sostido por pilastras. Prolóngase nunha bóveda de canón reforzada por outro arco faixón sostido por columnas. Na bóveda consérvanse pinturas ó fresco. Ten un retablo barroco no seu interior.