Descripción
Igrexa barroca construÃda no século XVIII, posúe unha curiosa planta irregular composta pola unión de dous corpos, un disposto lonxitudinalmente, conformando a nave, e outro unido en sentido transversal no que se sitúan o presbiterio e outra estancia. Os muros son de carga construÃdos en canterÃa, exceptuando algunha parte na que aparecen revocados, deixando á vista os perpiaños en esquinas e vans. As cubertas son de tella a dúas augas, se ben no caso do corpo transversal, unha das vertentes prolóngase máis que a outra co fin de continuar a liña axial imposta pola nave lonxitudinal. O exterior da cabeceira, centrado con respecto á nave, aparece un arco cego con arquivoltas decoradas e sostido por columnas acubilladas, que a modo de fornela, alberga unha imaxe. Igualmente a fachada principal é de especial interese, non tanto pola organización das súas partes senón polos elementos decorativos que a compoñen. A porta principal e a fiestra que se atopa inmediatamente enriba, ben moduladas, rodéanse de pezas de canterÃa que lle confiren un efecto ornamental. Este continúa na parte superior, a espadaña, na que se combina toda unha serie de elementos decorativos rectos e curvos que proporcionan un gran dinamismo ó conxunto.