Descripción
Pintoresco recuncho no cal atopamos unha zona libre de pesca (www.areasantiago.es/pesca-fluvial) e fermosas paisaxes á beira do río. Tamén podemos desfrutar do sonido da auga cara a parte de arriba do río onde se atopa unha pequeña fervenza e percorrer os camiños veciñais ao longo do río en ámbolos sentidos onde nos ofrecerá as suas fermosas ribeiras perfectas para as nosas imaxes para o recordo.
Esta zona quizais perda parte da súa beleza a favor da zona de Chaián formada polo mesmo río Tambre uns kilómetros máis arriba pero tamén no mesmo concello, se ben cada paraxe ten a súa propia identidade. E mesmo podemos visitar os dous a través da ruta Carballeira de Chaián- Ponte Albar.
Según unha lenda esta zona debe o seu nome a un malvado señor feudal. Acceso a lenda do Conde de Albar