Descripción
Na parroquia de Xavestre, ao suroeste do Concello o río Chonia marca un sendeiro ata o monte do lugar de Oa. Máis abaixo, as augas deste río desembocan no Tambre, formando unha especie de desfiladeiro e ofrecendo un dos mellores paisaxes da zona. Se se percorre a ruta a pe, máis que recomendable, uns metros antes da desembocadura atópanse os batáns, muíños e fábricas da luz de Oa. É esta unha curiosa zona de gran beleza onde abundan os ameneiros por necesitar estes moita auga e onde a pedra labra un paseo natural moi singular. Neste monte tamén atopamos unas fermosas vistas panorámicas gracias as suas fortes pendentes cara o río como é o caso do Mirador do Río.