Exposición "Nós somos elas"

 

Vinte e catro poetas galegas dialogan coas fotografías do laxés José María Vidal nunha mostra que promoven a área de Igualdade da Deputación de A Coruña e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda. A proposta recolle unha selección de imaxes do “Arquivo Vidal” protagonizadas por mulleres.

Unha fotografía e un poema. A mostra “Nos Somos elas” componse de 24 retratos seleccionados do Arquivo Fotográfico Vidal da colección permanente do Museo do Mar de Laxe. A escolma rescata para o proxecto retratos de mulleres fotografadas no ámbito laboral e privado, con compañeiras e cos seus fillos e fillas. Cada fotografía está acompañada dos versos dunha poeta.

Ana Romaní, Antía Otero, Berta Dávila, Chus Pato, Clara Vidal, Dores Tembrás, Eli Ríos, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Eva Veiga, Helena Villar Janeiro, Lucía Aldao, Lucía Novás, Luz Pozo Garza, María do Cebreiro, Marica Campo, Marta Dacosta, Medos Romero, Mercedes Queixas, Miriam Ferradáns, Olga Patiño, Pilar Pallarés, Rosalía Fernández Rial e Yolanda Castaño son as poetas que participan na mostra, poñendo palabra ás imaxes de José María Vidal.

A exposición, que permanecerá en Trazo até o día 20 de xullo, pódese visitar na Casa Amarela en horario de 9,00h a 14,00h.