Noite musical máxica no Concello de Trazo
23/09/2023
«Foi unha noite marabillosa e emocionante, regresamos a aquel lugar no que as mulleres de Monzo e Trazo atravesaran o meu peito 30 anos atrás, cantei a súa cantiga e chorei de alegría e gratitude. As pandeireteiras dos Xeitosos de Trazo cantaron para que o aturuxo daquelas mulleres viva inmorrente e compartimos o palco cos Faíscas da Pontraga . Que felices marchamos! Grazas a todxs xs que aló viñestes».
Así describe Xabier Díaz nas súas redes sociais o seu paso polo noso concello nesta noite inesquecible na que o campo de Santa Eufemia ateigado de xente vibrou de emoción.