Obradoiros outono -inverno
02/10/2026
O Concello de Trazo presenta tres novas propostas formativas para os meses de outubro, novembro e decembro, dirixidas a todas as persoas interesadas en ampliar os seus coñecementos no ámbito da fruticultura, a horta ecolóxica e a arte floral.
A programación inclúe os seguintes obradoiros:
Fruticultura – Poda e enxertos
Horta ecolóxica
Arte floral
Prazas limitadas. Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Trazo.
Inscricións e máis información: 981 68 9001