- A rexedora municipal, Josefina Suárez, confirma a renovación da actual web municipal e cuxo cambio terá como valor principal a creación de utilidade para a cidadanÃa.
- O proxecto de nova páxina xa está en marcha, nunha primeira fase na que se estudarán as necesidades dos/as internautas.
- A prioridade, mellorar as funcionalidades que máis se botan en falta na plataforma actual.
Una nova web, máis sinxela e potente para cubrir as necesidades da cidadanÃa. Esa foi a proposta anunciada polo Concello nestes dÃas, ao que engadiu que xa se está a traballar no proxecto para tentar que esté dispoñÃbel o antes posible.
Os principios nos que se sustentará a nova páxina son a utilidade, a axilidade e a sinxeleza. Perséguese o obxectivo de chegar ao maior número de internautas posibles, polo que o compoñente de accesibilidade será unha máxima no desenvolvemento da mesma. Tamén se terá en conta no seu deseño as caracterÃsticas responsive que permiten o acceso dende calquera tipo de dispositivo (móbiles, tablets, ordenadores…)
Actualmente, as novas circunstancias ás que nos temos que enfrontar por causa da crise sanitaria da COVID-19 establecen un novo escenario no que cada vez ten máis importancia a realización de xestións en liña, en lugar de acudir ás correspondentes oficinas da Administración. Por este motivo, a través da nova web a cidadanÃa poderá acceder a un maior número de información útil e trámites, de xeito que se reforce a seguridade e a responsabilidade social entre os residentes do concello.