O Concello de Trazo informa que a ConsellerÃa de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia acaba de conceder aos Concellos de Cerceda, Tordoia e Trazo un obradoiro dual de emprego. Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses con incentivos a contratación. As especialidades que se impartirán son Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (Nivel 1) e Montaxe e reparación de sistemas microinfomáticos (Nivel 2).
Aquelas persoas desempregadas interesadas poden anotarse na Oficina de Emprego que lles corresponda, e convinte que teñen solictado na súa demanda unha das seguintes opcións:
320: Escola taller programas
330: Casa de Oficio
340: Taller de emprego
370: Outros programas de emprego formación dual.
O trámite debe facerse ata o 27 de setembro, e recordase que é precisa cita previa para acudir a oficina de emprego.