Trazo está situado ao norte de Santiago, nun lugar apartado das vÃas de comunicación máis frecuentadas inda que non lonxe de Compostela. Son, efectivamente, 19 kilómetros os que o separan do lugar de Viaño Pequeño, a capital municipal de Trazo, da cidade do Apóstolo. A estrada que comunica a ambas é a que arranca da C-545, de Santiago a Santa Comba, a catro kilómetros da primeira. Esta carretera entra no concello de Trazo atravesando o Tambre pola Ponte Albar. Despois de unirse á de Ordes a Portomouro, recorre diagonalmente todo o concello e emplama en Ordes (15 kilómetros) coa N-550 de Santiago á Coruña. A distancia a capital da provincia por esta ruta é de 36 kilómetros.
Limita cos concellos de Santiago polo sur, Tordoia ó norte, Val do Dubra ó oeste e Oroso ó este.
Distancias aos concellos limÃtrofes:
- Trazo – Santiago (15 km. Por Chaián)
- Trazo – Santiago (20 km- por Ponte Albar)
- Trazo – Tordoia (9 km.)
- Trazo – Ordes (12 km)
- Cómo chegar Trazo – Oroso (13.2 km.)
- Trazo- Val do Dubra (10.6 km.)