Saúdo da alcaldesa

Quero darvos a benvida á web do concello de Trazo que nos abre unha nova vía de comunicación coa cidadanía.

Desde aquí poderedes realizar mútliples xestións sen necesidade de achegarvos ás dependencias municipais.

Ademais de facilitar as relacións da veciñanza coa Administración , queremos amosarlle a posibles visitantes un Trazo descoñecido.

Temos historia, gastronomía, patrimonio, cultura, recursos naturais, e, desde a Corporación que presido queremos traballar por un futuro mellor para o noso concello ofrecendo servizos que melloren o benestar e a calidade de vida das persoas.

Estou á vosa disposición para o que precisedes! Gustaríame que a través desta web e das redes sociais creemos un concello dinámico, compartindo información e realizando propostas e suxestións para conseguir que a veciñanza teña cubertas as súas necesidades e expectativas.

As portas do concello están abertas para vós. Non dubidedes en contactar comigo!

Correo electrónico: josefina.suarez@concellodetrazo.es

Teléfono: 648922950