Igualdade

Desde xullo de 2021, o concello conta cunha técnica de igualdade que, en colaboración coa Deputación da Coruña desenvolve políticas públicas de igualdade.  Entre outras, ten as seguintes funcións:

  • Detección de necesidades en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e prevención e intervención da violencia de xénero. 
  • Información, orientación e asesoramento en materia de igualdade.
  • Programación, planificación, intervención e realización de proxectos de dinamización de políticas de igualdade no territorio.